Cargando....
Concello de Lugo
19/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Vázquez dí que o Paseo do Miño é a obra dunha xeneración como o foi o Paseo Marítimo da Coruña


# Xoves, 12/05/2011
O ex Embaixador no Vaticano fixo unha visita privada ó Paseo fluvial, que é o máis grande de Europa, aproveitando a súa viaxe a Lugo

Francisco Vázquez tamén felicitou ó Alcalde de Lugo por sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou hoxe ó ex Embaixador de España no Vaticano e ex Alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, nunha visita privada que fixo Vázquez por expreso desexo seu ó Paseo do Miño.

Vázquez, que hoxe visitou Lugo para participar na sinatura dun convenio entre o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, quixo coñecer o paseo fluvial porque, segundo explicou “todo o mundo me falou marabillas del”.

Francisco Vázquez considerou que actuacións como o Paseo do Miño “son obras que se conseguen nunha xeneración, e seino pola experiencia do que costou facer o Paseo Marítimo da Coruña”. Tamén manifestou que “esta será unha obra máis das que marcará a presenza do Alcalde Orozco estes anos a fronte da cidade, á que lle aporta un plus de prestixio coa súa grande personalidade e xestión”.

O Paseo fluvial do Miño, que forma parte das actuacións incluídas no Plan Director do Río, no que traballan conxuntamente o Concello de Lugo e a Deputación Provincial, ten case que trinta kilómetros de lonxitude o que o convirte no máis grande de Europa, xa que atravesa todo o Concello de Lugo, bifúrcase no Rato, e entronca cos do Corgo e Outeiro de Rei.

Ademais de amosar o seu interese en coñecer o Paseo fluvial de Lugo, Francisco Vázquez tamén amosou a súa admiración por José López Orozco, do que dixo que “nestes catro anos, gobernando con maioría minoritaria foi quen de aprobar os presupostos e o Plan Xeral de Ordenación Municipal e iso marca a calidade dun político”, xa que, lembrou, “eu sei o difícil que é iso e que só se consegue con capacidade de negociación e con prestixio político”.

Vázquez tamén expresou a súa ledicia por estar hoxe en Lugo e dixo que esta cidade cambiou moito e para ben, ata o punto de que comentou, a título anecdótico, que “tiven que pedir axuda á Policía Nacional para entrar na cidade, porque me perdín na entrada pola avenida da Infanta Elena”.

www.lugo.es/ws/pxom

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova