Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo solidarízase co pobo de Lorca tralo terremoto que sufriu esta cidade de Murcia


# Xoves, 12/05/2011
Este mediodía tivo lugar unha concentración silenciosa diante da Casa do Concello

Imaxe Asociada
O Alcalde mandoulle un telegrama ó Rexedor de Lorca para expresarlle as condolencias do pobo de Lugo e ofrecerlle apoio material e humano

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a concentración en solidariedade coas vítimas do terremoto de Lorca. Na concentración, que tivo lugar ás 12.00 diante da Casa do Concello, gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do terremoto. Nela participaron, ademais do Alcalde, membros da Corporación municipal, o Subdelegado do Goberno na provincia, José Vázquez Portomeñe, a Deputada Regina Polín e o ex Embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez, que hoxe efectuou unha visita a Lugo.

O Concello de Lugo sumouse ás mostras de pesar polo terremoto de Lorca, atendendo un chamamento efectuado esta mesma mañá pola Federación Española de Municipios e Provincias.

Ademais, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, enviou tamén esta mañá un telegrama de pesar ó Alcalde de Lorca, José Martínez García, no que lle transmite o seu pesar e as súas condolencias polas vítimas do terremoto.

López Orozco tamén lle expresa a solidariedade de todos os lucenses, no nome da Corporación de Lugo, “nestas horas tan difíciles para a vosa cidade” e ofrécelle ó Alcalde de Lorca “o noso apoio material e humano no que poidan necesitar para afrontar esta situación”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova