Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Parque Infantil de Tráfico acolle durante a xornada de mañá a Festa da Educación Viaria Cidade de Lugo 2011


# Venres, 13/05/2011
Dende as 11.00 horas poderá disfrutarse de actividades como patinaxe, karts ou ciclomotores, así como de exposicións de vehículos de seguridade ou clásicos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Ás 13.15 horas o Alcalde presidirá a entrega de premios do X Concurso de Debuxo de Educación Viaria “Cidade de Lugo”

Ás 19.00 horas levarase a cabo un sorteo de premios entre todos os asistentes


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidirá mañá sábado, día 14 de maio, a entrega de premios do X Concurso de Debuxo de Educación Viaria “Cidade de Lugo”, que terá lugar a partir dás 13.15 horas no Parque Infantil de Tráfico “López Mella”.

O acto de entrega de premios deste certame está incluido na Festa de Educación Viaria Cidade de Lugo 2011, que achegará multitud de actividades durante toda a xornada de mañá. Así, poderá disfrutarse dun circuito de patinaxe, un circuito de karts (para maiores de 8 anos e menores de 14 anos), un circuito de ciclomotores (será necesario presentar o DNI e ser maior de 14 anos), unha exposición de vehículos de seguridade (Garda Civil, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella), un circuito de tres pistas de scalextric, unha exposición de vehículos clásicos e unha mostra dos debuxos participantes tanto nesta X edición do concurso de debuxo como dos debuxos premiados en anteriores edicións. O horario de actividades será de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas. Todas elas levaranse a cabo no Parque Infantil de Tráfico “López Mella”.

Ademais, están previstas actuacións de animación polas rúas (de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.30 a 18.30 horas), o espectáculo de Máxia “Mago Rei Midas” (de 12.15 a 13.15 horas e de 18.00 a 19.00 horas), e o espectáculo de pallasos “Lilia e Fifo” (de 17.00 a 18.00 horas). Ás 19.00 horas efectuarase o sorteo de premios “A educación vial ten premio” entre todos os asistentes.

X Concurso de Educación Viaria

Na décima edición do Concurso participaron 33 centros educativos de toda Galicia que presentaron 782 debuxos en todas as categorías. As bases do certame establecen as seguintes categorías: para alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria; para alumnos de 4º,5º e 6º de primaria; para alumnos de 1º,2º e 3º de secundaria; para alumnos de 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharelato e para alumnos de Educación Especial.

Segundo as categorías, os primeiros premios consistirán en ordenador portátil ou bicicleta e casco; os segundos, nunha minicadena musical ou bicicleta e casco e os terceiros premios consistirán nun trofeo. Todos os escolares e colexios participantes no certame recibirán un diploma acreditativo. Ademais, os centros escolares con maior calidade artística e con maior participación recibirán trofeo e diploma.

Os membros do xurado, presidido pola Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, estivo integrado polo Director do PIT do Concello de Lugo, José Reigosa García, a Coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Lugo, Sara Fuenteseca, e o ex-Director da Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo, Manuel Lamas Castro. O pasado día 2 de maio o xurado seleccionou aos gañadores, resultanto seleccionados:

Categoría E (Educación Especial):
1º.-Juan Ignacio Latorre Morado - Cee. Apader - CEDEIRA - A Coruña
2º.-Humberto Sánchez Costa - Cee. Aspnais - LUGO
3º.-Celia Mª Pérez Luaces - Cee. Aspanais - LUGO
ACESIT: Cristrian Castro López -Cpr. Mª Auxiliadora - LUGO

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.-Diana Pereira Fernández - Ies. De Sar - SANTIAGO - A Coruña
2º.-Teresa García González - Ies. Carlos Casáres - VIGO -Pontevedra
3º.-Javier Galbón Montaña - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-Brais Rodríguez Giráldez - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra
2º.-Nazaret López - Ies. Carlos Casares - VIGO - Pontevedra
3º.-Laura Vidales Fernández - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra
ACESIT.-Isaac Villar Romero - Ies. Carlos Casares - VIGO - Pontevedra

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Imane Zouhri - Ceip. A Pontenova - A PONTENOVA - Lugo
2º.-Isabella Mª Romero Araujo - Ceip. Illa Verde - LUGO
3º.-Brais Abuín Grandio - Ceip. Luis Pimentel - LUGO
ACESIT.-Adrián García Piñeiro - Ceip. de Ponzos - FERROL -A Coruña

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Raquel López Amado - Ceip. Illa Verde - LUGO
2º.-Christian Alonso López - Ceip. nº 1 - FOZ - Lugo
3.-Enma Ferre González - Ceip. O Cantel - FOZ - Lugo
ACESIT.- Tania García Pérez - Ceip. Sagrado Corazón -LUGO

O centro escolar con maior participación foi o CPI. ANTONIO ORZA CANTRO (BOQUEIXON, A Coruña), mentres que o centro escolar con maior calidade artística en xeral foi o CPI. COVATERREÑA (BAIONA, Pontevedra).

Coñezca o Parque Infantil de Tráfico




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova