Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invita a cidadanía á xornada de portas abertas na Piscina Romana de Santa María


# Luns, 16/05/2011
Os achádegos arqueolóxicos da Piscina Romana de Santa María, que se atopan en obras, poderán verse dende 9.00 ata as 20.00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego anunciou a creación dun circuito de ventás arqueolóxicas único en España

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou esta mañá que o vindeiro mércores, día 18 de maio, a Piscina Romana de Santa María terá unha “xornada aberta por obras”. Así, dende ás 9.00 ata as 20.00 horas, toda a cidadanía poderá ver os traballos de restauración que se están levando a cabo neste achádego arqueolóxico, financiados pola Unión Europea, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo, no marco do Plan Urban.

Según destacou a Concelleira, o Concello está traballando na creación dun circuito de ventás arqueolóxicas, que estará formado pola Piscina Romana de Santa María, o Acueducto da Praza de San Marcos e a ventá arqueolóxica da Rúa Nova. Sonia Méndez destacou que este circuito tamén incluirá os museos in situ, e incluso as ventás arqueolóxicas de establecementos hostaleiros e comerciais, que agora, lembrou a Concelleira, “teñen a posibilidade de obter unha subvención, con cargo ao Plan Urban, para a súa mellora en iluminación e cambios de cristais”.

Estas actuacións, destacou Méndez, “son moi interesantes xa que consideramos que a arqueoloxía ten que constituir un novo nicho de emprego na cidade, tanto en emprego directo (arqueologos, inxeneiros, ou técnicos de iluminación que traballan nas obras) como no emprego indirecto (sector da dixitalización, sector da documentación e publicacións)”. A Concelleira de Economía e Emprego salientou que o circuito de ventás arqueolóxicas “constituirá un recurso turístico de primer nivel, como a Muralla Romana ou a Catedral”, xa que según explicou, “Lugo é única neste sentido, será a única cidade de España que terá ventás arqueolóxicas na ruá que poderán ser contempladas polos visitantes”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova