Imprimir

O CONCELLO CONMEMORA O DÍA DA INTERNET


18/5/2011 O 87% dos enquistados coñece o uso da Administración electrónica

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, conmemora o Día de Internet, que se celebrou onte, coa proxección dun vídeo no edificio administrativo do Seminario.

Entre as 10.00 e as 14.30 proxectarase nunha pantalla instalada na planta baixa do edificio administrativo municipal un vídeo sobre iniciativas como a tarxeta cidadá ou a administración electrónica.

Os cidadáns que se acheguen esta mañá ás dependencias municipais do Seminario facer algunha xestión tamén participarán nun sorteo de diversos regalos como camisetas, bolsas ou reloxos.

Enquisa cidadá

Con motivo do Día Mundial de Internet, o Concello realizou esta mañá unha enquisa sobre novas tecnoloxías. Entre os enquisados, o 87% coñecen que, entre outros moitos trámites, a Administración electrónica permite solicitar o volante de empadroamento. O 79% dos enquisados afirma que algunha vez visitou a páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es. E o 65% asegurou coñecer a Tarxeta Cidadá do Concello de Lugo. Na enquisa recolléronse un total de 62 respostas.

Coñezca a Tarxeta Cidadá

Coñezca Tramita na túa casa