Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha pista de tenis cuberta completará as instalacións deportivas de Frigsa


# Mércores, 18/05/2011
O Alcalde comprobou a marcha das obras que estarán acabadas dentro dun mes

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, estiveron hoxe na obra de construción da pista de tenis cuberta, onde os técnicos da empresa CPS lles explicaron a marcha dos traballos.

Para López Orozco, coa nova pista de tenis cuberta “imos completando os equipamentos neste parque de Frigsa e esta nova infraestrutura forma parte do progreso da cidade no tocante a instalacións deportivas”. Tamén dixo que o Concello “trata de facilitarlle ós veciños a oportunidade de practicar deporte e, cando estea acabada, imos ter unha cancha de tenis cuberta, cos mellores medios e dotada cunha gran pantalla acristalada para que entre a luz e para que os xogadores poidan ver a paisaxe”.

De feito, un dos aspectos máis chamativos destas instalacións é que dúas das fachadas, a norte e a sur, serán acristaladas, con vidros especiais para darlle transparencia ó edificio, de xeito que as persoas que empreguen a pista terán a impresión de estar xogando ó aire libre.

Coa construción da pista de tenis cuberta o Concello pretende evitar que os nenos que aprenden a xogar ó tenis nas escolas deportivas abandonen a práctica deste deporte na época de chuvias e tamén quere darlles facilidades para mellorar a súa técnica ós que teñen máis nivel, algo que resulta imposible cando se teñen que xogar con pelotas que se mollan durante meses.

A pista de tenis cuberta completará as instalacións deportivas que ten o Concello en Frigsa. A obra foi adxudicada en 364.000 euros e estará rematada a finais do mes que vén.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova