Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan de aforro enerxético do Concello incluirá un centro de control do alumeado público de Lugo


# Mércores, 18/05/2011
O sistema de control do alumeado permitirá aforrar 6.500 euros ó ano, axilizará a detección de avarías e reducirá as emisións de CO2 en 30 toneladas anuais

Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, informaron hoxe de que o Plan de aforro enerxético do Concello vai dar un novo e importante paso coa creación dun sistema centralizado de xestión do alumeado público de Lugo, tanto da cidade como da zona rural hoxe.

O proxecto, que executará a empresa concesionaria do servizo de alumeado público, consistirá na creación dun Centro desde o que se controlará a iluminación das rúas e vías de Lugo.

O Centro vaise instalar nas dependencias electromecánicas de Frigsa desde onde se controlará todo o alumeado público do Concello, e o seu funcionamento suporá un aforro no consumo que pode chegar ó 50% respecto a unha instalación convencional. O aforro pode chegar a 6.500 euros ó ano, ó tempo que se producirá unha redución de 30 toneladas ó ano de emisións de CO2.

Con este sistema poderase programar a iluminación en función das necesidades de luz de cada lugar en calquera momento. O sistema tamén controlará todas as luminarias, que consumen máis cando se van gastando, e tamén fará posible detectar calquera avaría instantaneamente na sala de control, o que vai supor aforros no servizo de mantemento, xa que non será necesario facer revisións periódicas polo persoal deste servizo.

A iniciativa non terá custe para o Concello posto que correrá por conta da concesionaria e vén completar outras medidas que xa se implantaron desde o ano 2008 en Lugo para o aforro de enerxía eléctrica. López Orozco lembrou que, entre outras medidas, o Concello de Lugo puxo en marcha a diminución do alumeado nas fontes ornamentais, a instalación luminarias de baixo consumo tanto na cidade como na zona rural e tamén nas dependencias municipais, nas que tamén se están a instalar detectores de presenza.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova