Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo empeza o proceso de contratación das obras de rehabilitación do vello cárcere


# Mércores, 18/05/2011
O programa Lugo Emprego Activo beneficiará a 45 persoas máis

Imaxe Asociada

A Xunta de Goberno Local acordou hoxe abrir o procedemento de contratación das obras de rehabilitación do antigo cárcere de Lugo. Este proxecto inclúese no Plan Urban e conta co cofinanciamento do 70% da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O valor estimado do contrato na súa primeira fase é de 3.679.006,30 euros, incluído o IVE, e o seu prazo de execución será de 14 meses, segundo explicou a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

A Concelleira de Economía e Emprego explicou que hoxe, a Xunta de Goberno Local, aprobou tanto o prego de condicións coma a licitación da primeira fase do proxecto, que segundo destacou é o que se corresponde coa parte traseira do edificio, xa que a parte dianteira atópase ocupada pola Policía Local. Sonia Méndez destacou que “as obras da nova sede da Policía avanzan a moi bo ritmo, e agardamos que a finais de ano xa se poderá producir o traslado á nova sede de San Fiz”, e ao mesmo, sinalou Méndez, licitarase a primeira fase do proxecto. Así, a Concelleira de Economía e emprego concluíu que “a finais do ano que ven os traballos de rehabilitación do vello cárcere estarán rematados e porase en funcionamento un centro cultural de referencia na cidade con salas de exposicións, salas para artistas noveis da cidade de Lugo, e incluso terán alí un lugar de traballo as empresas do sector cultural, audiovisual e artístico así como as asociacións culturais”. O procedemento de adxudicación será mediante un concurso aberto, e está previsto que as obras comecen en setembro de este ano.

www.lugo.es/urban

Outros acordos

A Concelleira de Economía e Emprego tamén salientou o acordo de transferencia de crédito por importe de 115.640,87 euros para o proxecto Lugo Emprego Activo. Según explicou Méndez, na execución deste programa integral de emprego, que inicialmente contou cun período de execución de 36 meses, a contar dende o 16 de xuño de 2008, se obtiveron aforros, polo que en data 10/02/11 solicitouse unha prórroga do prazo de execución que foi aprobada ata o 31 de decembro, polo que 45 persoas máis poderán beneficiarse do Programa Lugo Emprego Activo.


A Xunta de Goberno Local tamén acordou prorrogar o contrato que o Concello de Lugo mantén coa empresa LAPPSET ESPAÑA para a conservación integral das áreas de xogos infantís existentes nos parques, xardíns e zonas verdes públicas municipais da cidade polo prazo dun ano, contado dende o 1 de xuño de 2011 ata o 31 de maio de 2012, e cun importe de 53.632,21 euros, IVE incluído.

Outro dos acordos tomados hoxe pola Xunta de Goberno Local foi a contratación de subministración de emulsión bituminosa para o mantemento de toda a rede de camiños municipal durante un ano. O prezo máximo do contrato ascende a 100.000 euros. Según destacou a Concelleira de Economía e Emprego, esta contratación compleméntase cos distintos acordos tomados pola Xunta de Goberno Local para continuar a mellora na zona rural como poden ser a rexeneración de firmes da zona rural, cun importe de 194.000 euros, ou os desbroces, cun orzamento de 59.000 euros.




Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova