Cargando....
Concello de Lugo
30/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Primeiro dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo 2011 adicados ao teclado: recital de fortepiano de Patricia Rejas adicado á familia Bach


# Xoves, 19/05/2011


Imaxe Asociada
Nas cinco últimas edicións, o piano converteuse nunha das apostas máis sólidas do Festival de Música Cidade de Lugo, e no 2011 non ía ser menos, e organizamos catro concertos que, sen dúbida, ofrecerán unha ampla visión das posibilidades dos instrumentos de teclado. Así poderán escoitarse concertos de piano, de clave, de fortepiano e de piano a catro mans.

E comezamos polo fortepiano, instrumento antecesor dos pianos actuais, no recital que Patricia Rejas ofrecerá no salón de actos da Fundación Caixa Galicia o venres 20 de maio ás 20.30 horas. O programa está adicado integramente á prolífica familia musical dos Bach e naturalmente non falta o patriarca, Johann Sebastian Bach. Tamén poderemos apreciar a gran influencia que o gran Johann Sebastian tivo na música dos seus fillos, en concreto os tres máis célebres: Carl Philipp Emanuel, Wilhelm Friedmann e Johann Christian Bach. O programa inclúe sonatas, fantasías e algunha danza, como as polonesas, compostas polos Bach para teclado.

Formada en León, Oviedo e Vitoria, Patricia Rejas especializouse en instrumentos históricos e fortepiano en París. Compaxina a súa actividade como concertista coa docencia, impartindo cursos e como mestra no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Concerto 6 - A familia Bach e o fortepiano
PATRICIA REJAS (Fortepiano)
Venres 20 de maio na Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova