Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Desde hoxe funcionan as pantallas informativas nas 22 paradas do bus que dispoñen do sistema SAE


# Xoves, 19/05/2011
O Concello de Lugo fai unha importante aposta para mellorar o servizo de transporte público

Imaxe Asociada

O investimento para que os usuarios estean informados en tempo real de cando van chegar os buses ás paradas foi de 376.000 euros, financiados polo Proxecto Urban e o Plan E

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Transportes, José Rábade, e de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, comprobaron hoxe o funcionamento do sistema SAE que dá información en tempo real de cando chegan os autobuses urbanas ás paradas.

O Alcalde e os Concelleiros, acompañados por responsables da empresa ETRA, estiveron este mediodía na parada de bus da rúa Angel López Pérez, que é unha das 22 paradas dotadas coas pantallas informativas que xa están funcionando en probas e nas que se actualizan continuamente os datos sobre o tempo de chegada de cada un dos buses que fan parada neses puntos.

López Orozco manifestou que a implantación do sistema SAE supón unha importante modernización para o transporte público de Lugo e trátase dunha aposta que fai o Concello porque “cremos no transporte público, que é máis barato e ecolóxico e tamén queremos que sexa máis rápido”. O Alcalde, cadrando coa chegada dun dos buses á parada, pagou o billete do autobús coa súa tarxeta cidadá e aproveitou para animar ós veciños a coller o bus e deixar o coche particular na casa e lembrou que “os buses de Lugo son os máis baratos de Galicia e temos a flota de vehículos máis renovada de Galicia”.

Tamén avanzou o Alcalde que as 22 paradas nas que xa funciona o sistema SAE manteranse no plan de mobilidade. As paradas nas que están instaladas as pantallas informativas están situadas na Ronda da Muralla números 25, 58 (á altura de Sindicatos), 96, 118, 140 (á altura do Fogar de Santa María) e 163-164, así como na praza de Ángel López Pérez (diante da Policía Local), avenida da Coruña, números 2 e 131; Montero Ríos nº 2-4, avenida de Carballo Calero (en Veterinaria), Ronda das Fontiñas nº 119, avenida Alfonxo X o Sabio, Carlos Azcárraga nº 1, Calzada das Gándaras (fronte á Residencia de anciáns), rúa da Industria (no Polígono industrial do Ceao), avenida da Infanta Elena (no Centro Comercial As Termas), Alexandre Bóveda nº 16, Camiño Real nº 117, Lamas de Prado nº 118 e no Hospital Universitario Lucus Augusti.

A implantación desta avanzada tecnoloxía nas paradas e os buses urbanos supuxo un investimento de 376.000 euros, financiados con fondos do Proxecto Urban, cofinanciado pola Unión Europea a través do FEDER, e do Plan E.

Grazas a este sistema, os viaxeiros terán información en tempo real da hora de chegada dos autobuses ás paradas situadas no centro da cidade e naquelas que teñen maior número de usuarios.

O SAE (Sistema de Axuda á Explotación) é un sistema tecnolóxico que consta dun centro de control na Empresa dos autobuses e un centro de recepción de información na Concellería de Transportes. Nos buses urbanos instalouse un ordenador conectado a través de antena GPRS co posto de control da Compañía de transportes para comunicarlle a súa posición e tamén están dotados dun panel interior de información os viaxeiros. Ademais de facilitar información do tempo de espera, as liñas, paradas e destinos nas pantallas situadas nas paradas do bus, tamén permitirá consultar a información na Internet ou recibila a través de mensaxes sms. Ademais o sistema permite darlle prioridade ó paso dos autobuses polos semáforos.

Coñezca a Tarxeta Cidadá

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova