Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello apoia a manifestación dos veciños de Paradai


# Xoves, 19/05/2011
Luisa Zarzuela e Díaz Grandío representaron ó Goberno local na protesta veciñal

O Concello de Lugo apoiou a manifestación veciñal que tivo lugar esta tarde para esixir a posta en marcha das obras do Plan Paradai. O Goberno local estivo representado na protesta veciñal polos Concelleiros de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío.

O Goberno local comparte cos veciños a necesidade de que empecen a executarse as obras do Plan Paradai e lembra que a Xunta de Galicia atrasou ata o ano 2014 a finalización das obras de infraestruturas previstas no convenio que asinou co Concello.

O Concello deixou constancia da súa protesta por este retraso na execución dos compromisos da Xunta para realizar as infraestruturas previstas na zona na Comisión de seguimento do Plan xa que, como manifestou no seu día o Voceiro do Goberno local, José Rábade, “o maior investimento previsto queda para o ano 2014” e “os únicos investimentos fixéronse co anterior Goberno galego”.

O cambio introducido pola Xunta nas previsións de investimentos significa que o seu compromiso de financiar as obras de infraestrutura viaria previstos no Plan Paradai con ata un máximo de 9.690.695 euros dos seus orzamentos xerais quedou deste xeito:

2010: 0 euros
2011: 500.000 euros
2012: 1.700.000 euros
2013: 2.500.000 euros
2014: 4.990.695 euros




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova