Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o Corpus dos Nenos no Festival de Música Cidade de Lugo con títeres e un conto musical


# Venres, 20/05/2011


Imaxe Asociada
A segunda semana de actividade do Festival de Música Cidade de Lugo 2011 remata coa primeira entrega do “Corpus dos Nenos”, a achega do festival pensando no futuro, nos nosos rapaces, en forma de concertos familiares pensados para que os pais e toda a familia os compartan cos seus rapaces. Este ano, o Corpus dos Nenos inclúe dous concertos en familia e un taller de danza.

Monicreques e música únense no espectáculo titulado Valentino, un conto musical ideado polo quinteto de ventos Pentafonía e a compañía de títeres Seisdedos que se poderá ver no Círculo das Artes o sábado 21 de maio. A hora de inicio deste espectáculo é as 18:00.

O quinteto de vento Pentafonía está formado por profesores de distintas bandas profesionais e conservatorios galegos e atesoura unha ampla experiencia de máis de 12 anos ofrecendo concertos. Seisdedos Títeres naceu no seo da compañía lalinense Viravolta e colabora habitualmente co quinteto Pentafonía na creación de espectáculos e concertos didácticos.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

O Corpus dos Nenos
Concerto en familia 1
Valentino, un conto musical
PENTAFONÍA quinteto de ventos
SEISDEDOS títeres
Círculo das Artes ás 18.00 horas

A segunda entrega do Corpus dos Nenos será no Conservatorio Profesional de Música o sábado 28 de maio. Danza e música combínanse na dobre iniciativa da agrupación Saor en Danza para este ciclo: comezando pola mañá cun taller de danza para rapaces dirixido por Dolores Fojón e rematando pola tarde cun concerto pensado para toda a familia no que a danza renacentista conta cun protagonismo especial.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova