Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Radares Xuvenís xa teñen a súa páxina web en funcionamento


# Venres, 20/05/2011
A Concellería de Xuventude xa ten en funcionamento a páxina web www.lugo.es/radaresxuvenis coa maioría das seccións activas

Imaxe Asociada

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, xa ten en funcionamento a páxina web do programa Radares Xuvenís coa maioría das súas seccións activas.

A páxina pretende ser un lugar de encontro para todos os xóvenes da cidade e tamén para os rapaces e rapazas doutros países, que participan no proxecto Radares Xuvenís, e que deste xeito poderán coñecer as diversas actividades que dende o Concello de Lugo se programan para a xuventude da cidade. Entre outras funcións da páxina web, esta ofrecerá proximamente, a posibilidade de enviar mensaxes de texto de xeito gratuíto.

Segundo destacou a Concelleira de Xuventude, “os Radares Xuvenís seguen activos e traballando moito”. I é que ademais das actividades que xa se organizaron no intercambio cos radares italianos e portugueses, para o fin de semana do 28 e 29 de maio, os propios rapaces e rapazas do proxecto Radares Xuvenís, decidiron organizar torneo de fútbol sala, balonmano, voleibol e baloncesto.

Rosana Rielo adiantou que proximamente os Radares desenvolverán unha nova actividade realizada cos xóvenes italianos, portugueses e lucenses. Trátase dunha gravación de pequenos vídeos de curta duración nos que se explicará e ensinará o funcionamento e peculiaridades do seus institutos e das súas cidades. “Unha estupenda forma de que os xóvenes vexan e coñezan as diferentes culturas, as diferentes formas de vida e que así poidan aprender entre eles e enriquecerse coas diferentes culturas europeas”, destacou a Concelleira de Xuventude.

www.lugo.es/radaresxuvenis

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova