Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX Mostra de Teatro Cidade de Lugo celebrarase do 6 ao 11 de xuño


# Venres, 20/05/2011
As entradas terán un prezo de 3 euros e poderán adquirirse dende unha hora antes do comezo das funcións nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, que dirixe Nuria Mundiña, organiza a IX Mostra de Teatro, que terá lugar na cidade do 6 ao 11 de xuño.

Todas as representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas, agás a obra “Os dous lados da Felicidade”, dirixida ao público familiar, que será o 11 de xuño ás 18.30 horas.

As entradas terán un prezo único de 3 euros, e poderán adquirise dende unha hora antes do comezo das funcións no propio auditorio.


IX Mostra Teatro Cidade de Lugo

Luns 06 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas
In Bocca al Lupo Teatro. “Camiño do pracer”

BREVE SINOPSE: Unha mirada introspectiva cara o cotiá do universo feminino. Unha paisaxe na que observar a cara máis amarga da realidade. Mulleres abrazando os lugares escuros nos que se agocha o devir. Xa se albisca a oportunidade. Collemos o camiño do pracer?

Martes 07 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas
Nova Escena Teatro. “A herdanza da tía Constanza”

BREVE SINOPSE: A Señora Constanza, unha rica propietaria acaba xusto de morrer. Os seus herdeiros reúnense, a instancias do notario, no pazo que sempre habitara.
Sorprendidos escoitan que a lectura do testamento terá lugar na presenza dunha notábel espitirista, xa que a finada estaba moi relacionada en círculos esotéricos.
Invocada pola médium, manifesta unha estraña última vontade: será herdeiro único aquel que sexa quen de pasar a noite seguinte no pazo...

Mércores 08 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas
Parápono Teatro. “O reo”

BREVE SINOPSE: Unha rapaza toca o acordeón. Non ten claro quen é nin porque está aquí. Unha muller orgullosa da única posesión que ten: Un paraugas. Ese é todo o seu mundo e defenderá isto coa súa vida. Tres personaxes viven nunha escaleira. Teñen unha visión moi particular do mundo e con diálogos absurdos destripan a realidade e dan unha perspectiva crítica de todo o que oen. Un reo quéixase da inxustiza da súa situación. Clama polo seu amor, lembra o seu fogar. A súa vida representa o drama do mundo. A peza é unha mistura do absurdo, do drama e momentos de comedia
Están tolos so os que están nun psiquiátrico? Non temos algo de tolemia cada un de nós?

Xoves 09 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas
Hipócrita Teatro. “Bar Varela”

BREVE SINOPSE : Nun recuncho entre Chantada e Taboada, rodeados pola agreste e salvaxe flora da Galiza, conviven xuntos e revoltos durante 24 horas os 7 dias da semana as personaxes que lle dan vida o BarVarela. E que e o Barvarela?. Comercialmente un local de almorzos e cubatas, unha casa de "comidas" pola que circulan coristas de orquesta, fulanas pasmadas, homes que precisan compañía, homes despistados ou con ganas de matalo tempo. Os donos do buchinche son os irmans Varela pero o encargado de facer e desfacer o seu antollo as cuestións relacionados co negocio e Ernesto, "Erni" para os veciños da comarca. Un tipo nada recomendable que por circunstancias da vida acordaria morto no corral das pitas a malia seguinte o seu aniversario. Quen lle deu "matarile" a Ernesto Varela? Cosme Alcides, nado no legado de Hercules, e destinado por un incremento alarmante de baixas na policia local de Chantada, será o encargado de resolver este misterioso pero non sorprendente suceso denominado "Operación Pelican"

Venres 10 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas
Achádego Teatro. “As alegres comadres”

BREVE SINOPSE: Esta peza en cinco actos, unha das máis divertidas comedias de William Shakespeare foi escrita e estreada arredor do ano 1600. As alegres comadres de Windsor, segundo a tradición foi unha comedia á medida e por un encargo feito a Shakespeare pola raíña Isabel I de Inglaterra, desexosa de ver nun lance amoroso a Sir John Falstaff –o Sancho Panza inglés- o alegre, excesivo e vital protagonista de Enrique IV. Shakespeare partiu dunha comedia xa existente no repertorio da súa compañía. A Comedia do celoso, baseada nunha narración italiana . En varios dos seus personaxes quixo o autor caricaturizar a persoas realmente existentes no seu tempo. A comedia ven tecida por dous motivos: os desatinos de Falstaff no seu intento de conquistar a dúas ricas burguesas de Windsor, e a loita de diversos pretendentes polo amor de Ana Page.

Sábado 11 de xuño
Auditorio Gustavo Freire ás 18.30 horas
Casamanita Teatro. “Os dous lados da felicidade”

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova