Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Recital de clave do asturiano Aarón Zapico para comezar a terceira semana do Festival de Música Cidade de Lugo 2011


# Luns, 23/05/2011


Imaxe Asociada
Arranca a terceira semana da trixésimo novena edición do Festival de Música Cidade de Lugo coa actuación na sede da Fundación Caixa Galicia (hoxe luns 23 de maio ás 20.30 horas) do clavecinista asturiano Aarón Zapico.

Nas cinco últimas edicións, o piano converteuse nunha das apostas máis sólidas do festival, que este ano organizou catro concertos que, sen dúbida, ofrecerán unha ampla visión das posibilidades dos instrumentos de teclado. Tras o recital de fortepiano de Patricia Rejas, chega agora a vez do clave co asturiano Aarón Zapico.

Aos seus 33 anos, Aarón Zapico é o abandeirado da nova xeración de interpretes de música antiga españois como solista e director do conxunto Forma Antiqva. Ten actuado nos festivais máis importantes de Europa, Sudamérica, China e Xapón e os seus discos obtiveron numerosos galardóns da crítica especializada. É director artístico da Academia de Música Antiga da Fundación Municipal de Cultura de Xixón e profesor de clave no Conservatorio Superior de Música de Asturias.

Fantasía é o título deste concerto que supón unha ampla mostra de obras de compositores barrocos italianos, alemáns e ingleses e inclúe danzas, partitas e caprichos de Purcell, Picchi, Valente, Froberger, Scarlatti, Frescobaldi, Cabezón, Roger, etc.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Concerto 8 - Fantasía
AARÓN ZAPICO clave
obras de Frescobaldi, Froberger, Purcell, Valente, etc.
luns 23 de maio de 2011
Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova