Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os participantes no proxecto Tic-Sociedade reciben os seus diplomas


# Luns, 23/05/2011
* O acto de entrega tivo lugar o xoves no Centro de Convivencia María Balteira
* Este programa de novas tecnoloxías está dirixido a persoas da terceira idade


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo entrega, a pasada semana, dos diplomas de aproveitamento do proxecto Tic-Sociedade aos participantes do Centro de Convivencia María Balteira.

Un total de 15 persoas recibiron as acreditacións de participación neste proxecto, que ten como finalidade potenciar as tecnoloxías da información e a comunicación no colectivo das persoas maiores, ofrecendo novas perspectivas sobre as oportunidades e os cambios que as TIC poden aportar para conseguir a súa integración social, evitar a exclusión dixital e mellorar a súa calidade de vida.

Os contidos formativos que trataron durante catro semanas foron a familiarización co ordenador: manexo de teclado e rato, iniciar/apagar o sistema operativo…, introdución á navegación web e á busca de información en Internet, introdución ó correo electrónico, introdución os blogs e introdución ó procesador de textos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova