Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Música galante no concerto do dúo de viola da gamba e clave formado por Santi Mirón e Marju Vatsel no Festival de Música Cidade de Lugo 2011


# Martes, 24/05/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Festival de Música Cidade de Lugo 2011 dedica o seu décimo concerto á música galante dos tempo do fillo máis famoso de Bach, Carl Philipp Emanuel Bach. A cita é o mércores 25 de maio na sede da Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas co dúo de viola da gamba e clave formado polo barcelonés Santi Mirón e a estona Marju Vatsel.

Formado en Barcelona e Estrasburgo, o gambista Santi Mirón ten colaborado con agrupacións especializadas da categoría de Le Parlement de Musique, Accademia Montis Regalis, Arsys, Gli Incogniti, Musica Ficta, etc.; hai dez anos fundou en Holanda co prestixioso director Martin Gester o ensemble Anima e Corpo e o ano pasado creou o conxunto de violas renacentistas Lux Perpetua. Nada en Estonia, Marju Vatsel realizou estudos de piano e clave en Tallin, especializouse na interpretación dos instrumentos de teclado históricos e na actualidade e profesora en Cataluña.

Carl Philipp Emanuel Bach é sen dúbida o máis famoso dos fillos dun dos grandes mestres da historia da música, Johann Sebastian Bach. Ademais de 3 sonatas de este autor, Santi Mirón e Marju Vatsel interpretarán obras doutros dous autores deste período galante de transición musical do barroco ao clasicismo: Christoph Schaffrath e Johann Friedrich Ruhe.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Concerto 10 - Música Galante
SANTI MIRÓN (Viola da gamba)
MARJU VATSEL (Clave)
Obras de Ruhe, Schaffrath e Carl Philipp Emanuel Bach
Mércores 25 de maio de 2011
Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova