Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este venres celebrarase o tradicional Desfile-Presentación organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón


# Mércores, 25/05/2011
O acto terá lugar a partir das 23.00 horas na Sala Boe de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, e Óscar Engroba, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, presentaron esta mañá o tradicional Desfile-Presentación que esta asociación lucense desenvolve todos os anos e que se celebrará este venres, día 27 de maio, a partir das 23.00 horas na Sala Boe de Lugo.

Díaz Grandío destacou a diversidade de accións que organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón ano tras ano, e agradeceu a súa vinculación e traballo coa cidade. O Concelleiro de Deportes en funcións salientou o empeño e esforzo desta organización para ofertar aos cidadáns máis novos actividades moi diversas ao longo de todo o ano. Para isto, sinalou Grandío, organizan un ano máis o Desfile-Presentación para recadar apoios económicos e poder continuar coa programación de actividades. Pola súa banda, a Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, tamén quixo agradecer á Asociación o traballo desenvolto ao longo destes anos, e destacou que sempre están involucrados coa xuventude da cidade.

Segundo explicou Óscar Engroga, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, o Desfile-Presentación deste ano contará coa presentación dos equipos de minibasket, infantil, cadete e júnior do club Sagrado Corazón, en total serán seis equipos. Estas presentacións estarán intercaladas con pases de roupa de firmas cedidas por establecementos lucenses, como Elide, Circo Wear, Matriuska, Cepece e Adolfo Domínguez. Segundo anunciou Rubén Engroba serán un total de sete pases de moda os que ofrecerá este ano o Desfile-Presentación. Engroga salientou que entre as presentacións e o desfile de roupa, haberá máis de 100 persoas enriba da pasarela, de idades comprendidas entre os 4 e os 25 anos. A pasarela, sinalou, tamén contará coa participación de cinco modelos profesionais, dous homes e tres mulleres. Ademais, tamén se poderá disfrutar de dúas actuacións, unha a cargo de Acrosport e outra que a organización non quixo desvelar, e que será unha sorpresa. Tamén levaranse a cabo sorteos de roupa e equipamentos deportivos cedidos por Breogán, Ensino, CD Lugo e Azkar.
  
O prezo da entrada será de 6 euros e incluirá unha consumición sen alcohol. As entradas poderán adquirirse media hora antes do comezo na taquilla da Sala Boe.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova