Imprimir

UN GRUPO DE ALUMNOS FRANCESES QUE SE ATOPAN DE INTERCAMBIO CÓ COLEXIO GALÉN VISITARON ESTA MAÑÁ O CONCELLO


25/5/2011 O Alcalde de Lugo en funcións recibiu a un grupo de 23 estudantes, acompañados por dous profesores, procedentes de París

O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a visita dun grupo de 23 rapazas e rapaces franceses, acompañados por dous profesores, que se atopan de intercambio cos alumnos do Colexio Galén.

Os estudantes franceses, de 4º da ESO, veñen dende París, concretamente dende Charenton-Le Pont, e chegaron a Lugo na xornada de onte. O grupo de rapazas e rapaces estará na cidade ata o vindeiro martes 31 de xuño, e durante estes días asistirán as clases do instituto, visitaran os museos da cidade, coñecerán a Muralla Romana e a súa historia no Centro de Interpretación, visitarán o Castro de Viladonga, ou percorrerán parte do Camiño de Santiago, entre outras moitas actividades previstas.

O Alcalde en funcións quixo coñecer de primeira man as distintas experiencias que os rapaces, tanto lucenses como franceses, obteñen deste tipo de actividade, e destacou os enormes beneficios dos intercambios culturais. López Orozco fixo entrega ao colexio francés dun exemplar do libro de Darío Xohán Cabana, “Os trovadores de Occitania”, e animou aos estudantes a disfrutar e coñecer Lugo.