Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo disputarase na Praza Maior o Torneo Festa Final de Xadrez


# Mércores, 25/05/2011


O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e Confecciones Yute, organizan o VIII Torneo Festa Final de Xadrez, que terá lugar o vindeiro domingo 29 de maio na Praza Maior de Lugo en horario de 11.00 a 13.30 horas.

Os interesados en participar no Torneo deberán realizar a inscrición a través da páxina web: www.xaquedrum.es, chamando ó teléfono da Escola de Xadrez: 657.974.937 ou escribindo un email a seguinte dirección: xaquedrumarrobagmail.com.

A inscrición finaliza o venres, día 27 de maio, ás 20.00 horas. Para participar, o xogador ou xogadora terá que estar federado/a, se non o está, pode federarse no Clube da Escola Luguesa de xeito gratuíto.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Neste torneo haberá catro categorías:

·        Menores de 8 anos.
·        Menores de 10 anos.
·        Menores de 12 anos.
·        Menores de 14 anos.
·        Menores de 16 anos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova