Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha xornada para pemes sobre o uso da Internet para chegar ós clientes


# Mércores, 25/05/2011
A xornada A Nova Axencia terá lugar o venres no CEI-Nodus

Imaxe Asociada

O Concello de Lugo organiza a Xornada A Nova Axencia dirixida a emprendedores e empresas lucenses que terá lugar este venres no salón de actos do CEI-Nodus.

Trátase dunha xornada aberta que ten por obxecto axudar ás pemes a identificar novas estratexias de comunicación e marketing on line e na que se vai reflexionar sobre as últimas tendencias de comunicación na Internet.

O CEI-Nodus quere contribuír coa organización deste encontro a axudar ás pemes de Lugo a innovarse e adaptarse ás necesidades e tendencias dos seus clientes, non momento no que é máis necesario que nunca facerse competitivo para saír airoso deste momento de continuo cambio.

A Xornada A Nova Axencia terá lugar a partir das 11.00 horas e nela tratarase sobre os novos modelos de publicidade e a súa rendibilidade económica, exporanse casos prácticos de éxito a custe reducido e plantexaranse vías alternativas para chegar ós clientes.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova