Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Concurso fotográfico europeo: "Pon el foco en la prevención de riesgos"


# Xoves, 26/05/2011


Imaxe Asociada

A segunda edición do Concurso fotográfico da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, con sede en Bilbao, invita aos entusiastas da fotografía de toda Europa, tanto profesionais como afeccionados, a coller de novo a súas cámaras para captar a súa visión da seguridade e a saúde no lugar de traballo.

Este ano, o concurso invita aos participantes a retratar o modo no que a xente ve a prevención de riscos en toda a UE-27 e máis alá desta, e lles brinda a oportunidade de obter un premio máximo de 3.000 euros.

Todos os fotógrafos profesionais e afeccionados están invitados a presentar as súas fotografías antes do 31 de agosto de 2011.

Para seguir as últimas noticias sobre o concurso fotográfico e ver as fotografías presentadas ata a data, visite as súas páxinas en Flickr e Facebook, ou a páxina da representación europea en España, na sección “Premios e concursos”:
http://ec.europa.eu/spain/novedades/concursos/premios_concursos_es.htm

www.lugo.es/europedirect






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova