Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 5.500 persoas asisten as diversas actividades deportivas programadas polo Concello de Lugo


# Xoves, 26/05/2011
A actividade deportiva máis solicitada polos lucenses son os cursos de natación, que tiveron durante o presente curso máis de 4.300 usuarios

O Concello de Lugo, a través da Área de Deportes, ofertou para o presente curso escolar, dende outubro de 2010 ata maio de 2011, un total de dezaseis cursos nos distintos espazos deportivos da cidade.

Segundo destacou o Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, a actividade máis solicitada foi a natación, con 4.329 asistentes, sendo a piscina de Frigsa a máis utilizada, con 2.888 usuarios, dos que 1.155 son adultos, 1.494 nenos e 239 maiores. A piscina das Pedreiras rexistrou 991 usuarios; 384 adultos, 477 nenos e 130 maiores. A natación escolar, que se desenvolve en Frigsa, contou con 435 matriculados, e a natación sincronizada, que se desenvolve nas piscinas municipais contou con 15 asistentes. Grandío destacou que estes datos son soamente os dos cursos organizados, xa que as piscinas municipais rexistraron moitos máis usuarios que acudiron libremente ao uso das instalacións.

Polo que respecta ao resto das escolas deportivas, o Concelleiro de Deportes en funcións, destacou que “o plan de inversións dos últimos anos, permitiu crear instalacións propias e potenciar deportes como o tenis de mesa, o tiro con arco ou o béisbol”. Grandío tamén salientou a vindeira incorporación para o próximo curso da pista de tenis cuberta que “permitirá que acudan os usuarios con máis asiduidade, independentemente da climatoloxía”.

Polo que respecta ao balance deste curso, a ximnasia foi a segunda actividade máis demandada polos lucenses, cun total de 519 usuarios. Máis dun cento, concretamente 115, acuden a ximnasia de mantemento nos distintos ximnasios privados de Lugo; 35 persoas asisten a cursos de ximnasia rítmica, que se desenvolve no Polideportivo de Frigsa, e 369 participan no curso de ximnasia para maiores.

A terceira actividade deportiva máis practicada nas Escolas Deportivas Municipais é o baloncesto, que se desenvolve no Polideportivo de Frigsa, e que este ano contou coa participación de 114 persoas. O tenis, na súas modalidades de tenis para nenos e tenis de mesa, rexistrou 104 usuarios, 68 e 36 respectivamente. O patinaxe, que se desenvolve no Polideportivo da Piringalla, foi tamén unha actividade bastante demanda polos usuarios, contando aproximadamente con 80 participantes.

As actividades que completan a oferta deportiva dende o Concello son: o tiro con arco, que rexistrou nesta tempada unha media de 68 participantes; o béisbol con 55; o hockey feminino con 49; o taekwondo con 48; o boxeo con 36; o triatlón con 35; a loita con 16 e o ciclismo, que se desenvolve no Colexio Paradai, con 15 matriculados.

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, adiantou que xa se está a traballar na programación das escolas e campos de verán, que desenvolverán as súas actividades durante os meses de xullo e agosto.


deportes.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova