Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os asistentes aos cursos de novas tecnoloxías que se imparten no Telecentro do Castiñeiro recibiron hoxe os seus diplomas


# Xoves, 26/05/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais en funcións, Luisa Zarzuela, entregoulles está mañá os diplomas aos asistentes dos cursos que se impartiron nos meses de marzo e abril de 2011 no Telecentro do Castiñeiro. Ao acto asistiron preto de medio cento de alumnos, que participaron nalgún dos varios cursos ofertados polo Concello de Lugo.

As actividades no Telecentro do Castiñeiro están a ter moitísimo éxito, posto que na maioría dos cursos os 15 ordenadores sempre están ocupados. Na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación e da que xa se beneficiaron no último ano máis de 180 persoas, que se  inscribiron nos distintos cursos que se ofertan neste telecentro da cidade, por exemplo sobre iniciación á informática, Internet ou redes sociais. Os beneficiarios destes cursos foron, sobre todo, xente maior, de idades comprendidas entre os 45 e 75 anos e nenos.

Con iniciativas como esta, o Concello pretende achegar a tódolos veciños e veciñas de Lugo o uso das Novas Tecnoloxías.

Coñezca a rede de telecentros.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova