Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Taller de danza renacentista e concerto familiar con Saor en Danza na segunda entrega do Corpus dos Nenos no Festival de Música Cidade de Lugo 2011


# Venres, 27/05/2011


A terceira semana de actividade do Festival de Música Cidade de Lugo 2011 remata coa segunda entrega do “Corpus dos Nenos”, a achega do festival pensando no futuro, nos nosos rapaces, en forma de concertos familiares pensados para que os pais e toda a familia os compartan cos seus rapaces. Este ano, o Corpus dos Nenos inclúe dous concertos en familia e un taller de danza.

Danza e música combínanse na dobre iniciativa da agrupación Saor en Danza para o sábado 28 de maio no Conservatorio Profesional de Música.
Comeza pola mañá (11:30) cun taller de danza de renacentista para rapaces dirixido por Dolores Fojón (recomendado para nenos a partir de oito anos)
Este día especial remata pola tarde (18:00) cun concerto familiar no que a danza conta cun protagonismo especial. María Patiño, Lourdes Martínez, Adela Marono, Sabela Asorey, Julia Sueiro e Ana Asorey bailarán as coreografías deseñadas por Dolores Fojón, mentres que a parte musical estará a cargo de Carlos García Amigo (viola da gamba) e de Diego Rojo (laúde).

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.


Concerto 11 - O Corpus dos Nenos

Taller de danza e Concerto en familia
Orchesographie, ou a conversa entre música e danza
SAOR EN DANZA
Sábado 28 de maio de 2011 no Conservatorio Profesional de Música
Taller de danza renacentista 11.30 horas (recomendado nenos a partir de 8 anos)
Concerto en familia ás 18.00 horas
Entrada libre



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova