Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Festas adxudica as casetas e caldeiros do polbo durante para as Festas do San Froilán


# Venres, 27/05/2011
A adxudicación das casetas e caldeiros será para os vindeiros catro anos

A Comisión de Festas reuniuse esta mañá para decidir a adxudicación para a instalación das casetas e caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán para os anos 2011 a 2014, ambos inclusive. O prezo anual será revisable có IPC.

Para 5 casetas presentáronse 7 ofertas, quedando adxudicadas da seguinte forma:

Primeira caseta: Pulperías Aurora e Hijos S.L. 32.000 euros
Segunda caseta: Manolo de Marce. 17.888 euros
Terceira caseta: Ramiro López López. Restaurante La Palloza. 20.125 euros
Cuarta caseta: Hotel Torre de Núñez S.L. 15.550 euros
Quinta caseta: Xantar na Feira C.B. Parrillada Antonio. 16.560 euros

Os caldeiros quedaron adxudicados da seguinte forma:

Primer caldeiro: Pulperías Aurora e Hijos S.L. 13.500 euros
Segundo caldeiro: Manolo de Marce. 10.506 euros
Tercer caldeiro: Mesón de Alberto S.L. 11.200 euros
Cuarto caldeiro: Hotel Torre de Núñez S.L. 8.560 euros
Quinto caldeiro: Xantar na Feira C.B. Parrillada Antonio. 7.500 euros

Á hora da valoración das ofertas, a Comisión tivo en conta as cuestións técnicas, de deseño e elaboración e presentación do proxecto cun máximo de 30 puntos, e valorou ata 70 puntos a oferta económica. A concorrencia pública e en sobre pechado asegura que todos os interesados parten dunhas mesmas condicións de información e polo tanto de oportunidades, asegurando un proceso transparente.

A acta sairá publicada nos vindeiros días no perfil do contratante do Concello de Lugo na páxina web www.lugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova