A Concellería de Educación, que dirixe a Concelleira en funcións, Dolores Vieiro, informa de que a partir do luns día 30 de maio estarán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz.
As listas serán publicadas no taboleiro de edictos do Seminario, en Educación (no Centro Uxío Novoneyra), e nos taboleiros das correspondentes escolas.
Contando 10 días a partir do 30 de maio, sairán as listas definitivas de nenos e nenas admitidos. O listado definitivo de admitidos será publicado na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es, onde tamén se comunicará o prazo para formalizar a matricula dos nenos e nenas admitidos nestas dúas escolas infantís.
Pode descargar as solicitudes desde o apartado Tramita na túa casa.
Máis información e listas de admitidos, no apartado Escolas Infantís Municipais da Concellería de Educación.