Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O vindeiro luns sairán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz


# Venres, 27/05/2011


A Concellería de Educación, que dirixe a Concelleira en funcións, Dolores Vieiro, informa de que a partir do luns día 30 de maio estarán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz.

As listas serán publicadas no taboleiro de edictos do Seminario, en Educación (no Centro Uxío Novoneyra), e nos taboleiros das correspondentes escolas.

Contando 10 días a partir do 30 de maio, sairán as listas definitivas de nenos e nenas admitidos. O listado definitivo de admitidos será publicado na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es, onde tamén se comunicará o prazo para formalizar a matricula dos nenos e nenas admitidos nestas dúas escolas infantís.

Pode descargar as solicitudes desde o apartado Tramita na túa casa.

Máis información e listas de admitidos, no apartado Escolas Infantís Municipais da Concellería de Educación.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova