Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A xornada "A Nova Axencia", celebrada no CEI-Nodus, amosa ás pemes sobre o uso das novas tecnoloxías para chegar ós clientes


# Venres, 27/05/2011
O Concello, a través da área de Economía e Emprego, organizou unha xornada informativa sobre novos modelos de publicidade e a súa rendibilidade económica

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego en funcións, Sonia Méndez, asistiu esta mañá á inauguración da xornada “A Nova Axencia”, que organiza o Concello de Lugo a través do CEI-Nodus, e dirixida aos emprendedores e empresas lucenses.

Trátase dunha xornada aberta que ten por obxeto axudar ás pemes a identificar novas estratexias de comunicación e marketing online. Segundo destacou a Concelleira de Economía e Emprego en funcións, Sonia Méndez, “esta é unha actividade que o Concello de Lugo organiza para axudar aos emprendedores e empresas lucenses a promocionarse”. Neste caso, sinalou Méndez, “os produtos e servizos de calidade xa existen, o que se pretende é axudar a difundilos e promocionalos”.

A xornada “A Nova Axencia”, na que se trataron temas como os novos modelos de publicidade e a súa rendibilidade económica, deu comezo ás 11.00 horas coa intervención do Director do CEI-Nodus, Norman Javier Veiga, baixo o título “Da revolución industrial á revolución da comunicación”. Posteriormente, tratáronse “As novas ferramentas: Social Media, Xeolocalización, NFC, etc…”, neste caso a cargo de Juan Diego Gallego, Director de Marketing Sizeex-Zeenla Corporation. Ás 12.30 horas, o Director de produción Inteligencia Visual S.L, Juan Carlos Araujo, presentó “A morte da web: Benvidas ás Apps e o advergaming”. A Xornada rematou coa celebración dun foro aberto de preguntas sobre casos prácticos.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova