Imprimir

A XORNADA "A NOVA AXENCIA", CELEBRADA NO CEI-NODUS, AMOSA ÁS PEMES SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA CHEGAR ÓS CLIENTES


27/5/2011 O Concello, a través da área de Economía e Emprego, organizou unha xornada informativa sobre novos modelos de publicidade e a súa rendibilidade económica

A Concelleira de Economía e Emprego en funcións, Sonia Méndez, asistiu esta mañá á inauguración da xornada “A Nova Axencia”, que organiza o Concello de Lugo a través do CEI-Nodus, e dirixida aos emprendedores e empresas lucenses.

Trátase dunha xornada aberta que ten por obxeto axudar ás pemes a identificar novas estratexias de comunicación e marketing online. Segundo destacou a Concelleira de Economía e Emprego en funcións, Sonia Méndez, “esta é unha actividade que o Concello de Lugo organiza para axudar aos emprendedores e empresas lucenses a promocionarse”. Neste caso, sinalou Méndez, “os produtos e servizos de calidade xa existen, o que se pretende é axudar a difundilos e promocionalos”.

A xornada “A Nova Axencia”, na que se trataron temas como os novos modelos de publicidade e a súa rendibilidade económica, deu comezo ás 11.00 horas coa intervención do Director do CEI-Nodus, Norman Javier Veiga, baixo o título “Da revolución industrial á revolución da comunicación”. Posteriormente, tratáronse “As novas ferramentas: Social Media, Xeolocalización, NFC, etc…”, neste caso a cargo de Juan Diego Gallego, Director de Marketing Sizeex-Zeenla Corporation. Ás 12.30 horas, o Director de produción Inteligencia Visual S.L, Juan Carlos Araujo, presentó “A morte da web: Benvidas ás Apps e o advergaming”. A Xornada rematou coa celebración dun foro aberto de preguntas sobre casos prácticos.

cei.lugo.es