Imprimir

O CONCELLO DE LUGO SÚMASE AOS ACTOS DO DÍA MUNDIAL SEN TABACO


27/5/2011 As actividades informativas e divulgativas desenvolveranse o luns 30 e o martes 31 baixo o lema “Lugo sen malos fumes”

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade e o Servizo de Prevención de Drogodependencias participa na organización dos actos que terán lugar na cidade con motivo do Día Mundial sen Tabaco.

Estes actos comezarán o vindeiro luns 30 cunha conferencia e continuarán o propio Día Mundial sen Tabaco que se celebra o martes 31 de maio.

O Concello organiza estas actividades en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo e a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.

31 de Maio Día Mundial sen Tabaco: Lugo Sen Malos Fumes

Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, este ano realizaranse varias actividades informativas e divulgativas como charlas, onde se abordarán diversos aspectos desta substancia. Ademais, o longo da mañá do día 31, permanecerá aberta unha carpa na Praza Maior, atendida por profesionais, onde se poderán achegar os cidadáns para obter calquera tipo de información relacionada co tabaco, a determinación do tipo de fumador, deshabituación tabáquica, alternativas e tratamentos para deixar de fumar…

PROGRAMACIÓN:

Luns 30 de Maio
Conferencia no Centro de Convivencia María Balteira; 20:00 h.
O tabaco na Muller. Andrea Gallego. Médico da SEDET (Sociedade española de expertos en tabaquismo)

Martes 31 de Maio
Carpa Na Praza Maior de 10:00 a 14:00 h.
Información, Alternativas, Tratamientos...
Conferencia Salón de Actos Escuela de Enfermería: 19:00 h.
O profesional sanitario e o seu papel na cesación tabáquica. Antón Penas Truque, Médico eRosa Zas, Psicólogo da aecc.
Conferencia no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra: 20:30 h.
Por se aínda non o sabes, o tabaquismo é unha enfermidade.
Ana Prieto Presidenta Do Colexio Of. De Farmacéuticos de Lugo

www.lugo.es/prevenciondrogas