Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica este ano 54.000 euros a mellorar a accesibilidade das vivendas de maiores dependentes


# Venres, 27/05/2011
Desque se puxo en marcha este programa de subvencións, hai tres anos, subvencionáronse con 66.400 euros os arranxos feitos en 17 vivendas para facelas accesibles

Imaxe Asociada
López Orozco e Carmen Basadre visitaron hoxe unha vivenda de Coeses na que o Concello subvencionou unha obra para facer accesible o cuarto de baño

O Concello de Lugo adicará este ano 54.000 euros ó programa municipal de subvencións para mellorar a accesibilidade de vivendas de persoas maiores dependentes, segundo anunciou hoxe o Alcalde en funcións, José López Orozco, nunha rolda de prensa na que tamén participou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

López Orozco explicou que o Concello puxo en marcha estas axudas no ano 2008 e sinalou a importancia deste programa de axudas tendo en conta o envellecemento da poboación de Lugo. “Este é un programa ó que lle damos moita importancia e este ano aumentamos a cantidade que adicamos a el porque, tamén, son cada vez maiores as necesidades, xa que no noso Concello case un 21% da poboación supera os 65 anos, a esperanza media de vida aumenta e a evolución da pirámide de idades fai prever que siga a medrar o número de maiores”, sinalou o Alcalde en funcións.

López Orozco informou de que, nos tres anos que pasaron desque se puxo en marcha o programa, o Concello ten concedido subvencións por importe de 66.400 euros. Ese investimento serviu para atender todas as solicitudes que cumprían os requisitos e fixéronse obras de mellora da accesibilidade e habitabilidade de 17 vivendas de persoas maiores e dependentes, tanto na cidade como no medio rural.

De feito, o Alcalde en funcións e a Concelleira de Benestar Social en funcións visitaron esta mañá as obras de adaptación realizadas nunha vivenda de Coeses na que se fixo accesible o cuarto de baño contando coa axuda económica do Concello.

O importe máximo da subvención que se concede a cada solicitante é de 4.000 euros.

Coas axudas municipais fixéronse obras de adaptación, fundamentalmente en cuartos de baño e tamén outras reparacións e reformas que permitiron ás persoas beneficiarias unha mellora da accesibilidade das súas vivendas e, consecuentemente, unha mellor calidade de vida.


As bases da nova convocatoria están pendentes de publicación no Boletín Oficial da Provincia.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova