Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A atleta Pilar Iglesias visitou hoxe a Casa do Concello


# Luns, 30/05/2011
O Alcalde de Lugo en funcións recibiu á marchadora, que ven de acadar a medalla de bronce no Campionato de Europa de marcha en ruta 10 km veteráns

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal en funcións, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, á atleta Pilar Iglesias, do Lucus Caixa Rural Galega, que ven de acadar a medalla de bronce no Campionato de Europa de marcha en ruta 10 Kilómetros na categoría de veteráns.

A veterana marchadora competiu con gran éxito o pasado venres 13 de maio na cidade francesa de Thionville-Yutz, na rexión da Lorena, onde se celebraron os Campionatos de Europa de marcha en ruta para atletas na categoría de veteráns. A atleta Pilar Iglesias participou na proba de 10 marcha en ruta, da que se proclamou recentemente campiona de España en Benicassim, rematando terceira na categoría M-40.

O Alcalde en funcións interesouse polo adestramento desta veterana marchadora e felicitouna polos éxitos acadados. López Orozco lle fixo entrega dunha medalla da Muralla Romana de Sargadelos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova