Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campus de Arsenal Soccer Schools España chega por primeira vez a Galicia e o fai na cidade de Lugo


# Martes, 31/05/2011
O Campus desenvolverase no campo de A Cheda do 27 de xuño ao 1 de xullo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, a Directora Comercial de Arsenal Soccer Schools España, Sara Rodríguez, o adestrador de fútbol, Iván Palacios, e o Presidente do SCD Residencia, Julio Pacios, presentaron esta mañá o Primer Campus de Arsenal Soccer Schools España que se vai celebrar en Lugo.

O Campus desenvolveranse nas instalacións de O Palomar, no Campo Municipal de A Cheda (sede da SDC Residencia), do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2011, e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. Esta é a primeira vez que Arsenal Soccer Schools organiza un campus de verán en Galicia, e o fai en Lugo coa colaboración da SDC Residencia, clube creado en 1967 e que conta con máis de 300 xogadores repartidos entre todas as categorías, sendo na actualidade o clube de Lugo que máis xogadores abarca.

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, salientou que esta é outra das actividades que se desenvolverán durante os meses estivais para que os rapaces e rapazas de Lugo poidan continuar practicando durante o verán os seus deportes favoritos, neste caso o fútbol.

Segundo salientou a Directora Comercial de Arsenal Soccer Schools España, Sara Rodríguez, explicou que os participantes recibirán sesións de adestramento en horario de media xornada de 9.30 a 13.30 horas. Ofrecerase servizo de almorzo para os rapaces a partir das 8.15 horas. O servizo de almorzo terá un coste de 3,50 euros por día. Para solicitar este servizo deberá indicarse na folla de inscrición.

O prezo por participante será de 260 euros que inclúe 4 horas diarias de adestramento, snack durante as sesións, equipación da escola do Arsenal formado por camiseta, pantalón e medias, certificado de asistencia asinado por Cesc Fábregas, seguro de accidentes e responsabilidade civil e sorteo de agasallos o día da clausura.

Para poder efectuar a reserva da praza deberase efectuar o pago do 50 por cento do total do custo do curso na conta do Banco Santander 0049 0672 20 2910703251, e enviar a folla de inscrición cumprimentada, así como o xustificante bancario do ingreso por mail á dirección saraarrobaarsenalcostadelsol.com ou por fax no número 627.593.893. Para máis información pódese chamar ao teléfono 653.882.645.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova