Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello participa nos actos do Día Mundial sen Tabaco


# Martes, 31/05/2011
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou hoxe nos actos con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se desenvolven baixo o lema “Lugo sen malos fumes”.

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Durante a mañá instalouse unha carpa na Praza Maior, atendida por profesionais, para achegarlles os cidadáns para obter información sobre os perigos que supón para a saúde o consumo de tabaco, así como as alternativas e tratamentos para deixar de fumar.

Pola tarde, terán lugar dúas conferencias. O médico Antón Penas Truque e a psicóloga da AECC Rosa Zas falarán sobre “O profesional sanitario e o seu papel na cesación tabáquica” ás 19.00 no salón de actos da Escola de Enfermería. E ás 20.30, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos Ana Prieto dará outra conferencia titulada “Por se aínda non o sabes, o tabaquismo é unha enfermidade”.

Os actos do Día Mundial sen Tabaco foron organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Lugo e a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova