Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá ábrese o prazo de solicitude para as subvencións das celebracións Lume Novo e as festas patronais


# Mércores, 01/06/2011
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo antes do 21 de xuño para Lume Novo e antes do 03 de outubro para as festas patronais

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de mañá, xoves día 02 de xuño, estará aberto o prazo para a solicitude de subvencións para a celebración de Lume Novo e para as festas patronais nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do municipio de Lugo.

A contía máxima por parroquia, barrio ou núcleo poboacional para festas patronais ou similares de marcado interese cultural ou social será de 600 euros. O número máximo de beneficiarios non poderá exceder de 70, no caso de que o número de solicitudes sexa superior, repartirase a cantidade total destinada proporcionalmente entre todas as solicitudes presentadas. A contía para festas patronais é de 42.000 euros.

Polo que respecta a Lume Novo, a cantidade total establecida para esta actividade é de 8.500 euros, que se repartirá por igual entre todas as solicitudes presentadas. Ao igual que nas festas patronais, só se concederá unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo poboacional, e no caso de haber máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Lugo antes do 21 de xuño de 2011 para o Lume Novo e antes do 03 de outubro para as festas patronais. As bases poden consultarse no BOP número 117 de 25 de maio de 2011 e no DOG número 105 de 1 de xuño de 2011.

Bases e Solicitude no apartado Tramita na túa casa.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova