Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes de Polonia, de intercambio có colexio Galén, visitaron esta mañá a Casa do Concello


# Mércores, 01/06/2011
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, recibiu a un grupo de 22 estudantes procedentes de Zarwiercie que se atopan de intercambio en Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a un grupo de 22 estudantes polacos, acompañados por dúas profesoras e un monitor, que se atopan de intercambio cos alumnos e alumnas do Colexio Galén.

Os rapaces e rapazas, procedentes de Zarwiercie, ao sur de Cracovia, chegaron onte a Lugo, e permanecerán na cidade ata o vindeiro día 07 de xuño. Durante a súa estancia, os estudantes coñecerán a cidade de Lugo, farán unha ruta de senderismo polo Rato e o Miño, visitarán o Domus, farán un percorrido do camiño de Santiago e realizarán actividades co resto do alumnado do Colexio Galén.

O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, entregoulles aos docentes un exemplar en inglés do Libro da Muralla de Lugo para o seu instituto, e lles desexou aos estudantes e os profesores unha feliz estancia na cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova