Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os actos culturais do programa LVCVS CVLTVRAL, antesala do Arde Lucus MMXI, desenvolveranse do sábado 04 ao 11 de xuño


# Mércores, 01/06/2011
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, organiza varios actos culturais previos á celebración do Arde Lucus MMXI como desfiles de peiteados romanos, conferencias, exhibicións ou visitas guiadas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Como colofón a estas xornadas culturais, dende o 13 ó 19 de xuño, a entrada ós Museos Municipais será de balde

A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, deu a coñecer esta mañá a programación de Lvcvs Cvltvral, antesala ó Arde Lucus MMXI, que se desenvolverán dende o sábado día 04 de xuño ata o sábado 11 de xuño.

Esta serie de actos culturais, englobados baixo o nome “Lvcvs Cvltvral”, comezarán o sábado 04 de xuño, ás 11.00 horas, cunha visita ó conxunto arqueolóxico de Santa Eulalia de Bóveda, e continuarán pola tarde, dende ás 17.00 ata ás 20.00 horas, cunha exhibición de peiteados romanos no Centro Comercial As Termas.

O domingo día 05 de xuño, dende ás 10.00 horas ata as 14.00 horas, haberá unha exhibición de cestería na Praza de Santa María, a cargo do Centro de Artesanía do INLUDES. O luns, día 06, ás 17.00 horas, farase unha visita guiada ás Termas romanas, e o martes día 07, ás 20.00 horas, Adolfo de Abel Vilela impartirá a conferencia “Lvcvs Avgusti e a importancia militar da Muralla”. Será no Salón de actos do C.C. Uxío Novoneyra, situado na rúa Quiroga Ballesteros S/N.

As actividades continuarán o mércores, día 08 de xuño, cunha nova exhibición de peiteados romanos no Centro Comercial As Termas en horario de 17.00 a 20.00 horas. O xoves 09, entre ás 18.00 e ás 20.30 horas, realizarase unha visita guiada denominada “Visita Lugo Romano”, que inclúe un percorrido que comezará na Casa dos Mosaicos e continuará na Sala Porta Miñá, no Centro de Interpretación da Muralla e rematará na Muralla romana de Lugo.

O venres día 10, farase unha visita guiada á Domus do Mitreo, será ás 20.00 horas.
Xa para finalizar, o sábado 11 pola mañá, ás 10.00 horas, haberá unha nova visita guiada, neste caso ó Museo e Castro de Viladonga. Pola tarde realizarase outra exhibición de peiteados romanos no Centro Comercial ás Termas. Así mesmo, dende o 31 de maio ata o 11 de xuño, poderase visitar no Centro Comercial As Termas unha exposición de traxes da época romana. Como colofón a estas xornadas culturais, dende o 13 ó 19 de xuño, a entrada ós Museos Municipais será de balde.

A inscrición nas diferentes visitas deberá realizarse na OIX, situada no C.C. Uxío Novoneyra S/N 3º andar, e poderán anotarse a cada unha delas un máximo de 25 persoas.

Para máis información poden achegarse ata a OIX ou poñerse en contacto a través do teléfono 982 297 496.

Por motivos alleos ao Concello de Lugo, suspendéronse as seguintes actividades:

Sábado 4 xuño: visita a Santa Eulalia de Bóveda
Domingo 5 xuño: Cestería na rúa

Desculpen as molestias



Páxina web Arde Lucus - www.ardelucus.com

A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, tamén anunciou que o Arde Lucus estrea páxina web, que estará plenamente activa entre o día de hoxe e o de mañá. A nova web, sinalou a Concelleira en funcións, conterá información sobre a festa, zonas de descarga cos carteis das distintas edicións, os programas de actividades, así como fotografías, anuncios de empresas da cidade en torno ao Arde Lucus ou acceso ás redes sociais. Rielo destacou que esta nova páxina, máis actualizada e con máis contidos, conta cun deseño novidoso, xa que pódese acceder a ela dende un perfil romano ou castrexo. Os contidos da web estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés.

O Arde Lucus nas redes sociais

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova