Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado disputarase o I Torneo Cidade de Lugo de Balonmán


# Xoves, 02/06/2011
* A competición será no Pavillón Municipal dos Deportes dende as 16.00 horas
* O Torneo disputarase na categoría Infantil tanto masculina como feminina


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente de Acaluba (Academia Lucense de Balonmán), David Rodríguez Pérez, presentaron esta mañá o I Torneo Cidade de Lugo de Balonmán, que se desenvolverá na cidade o vindeiro sábado día 04 de xuño.

Díaz Grandío sinalou que hai algún tempo en Lugo non se falaba de balonmán, e que grazas ao compromiso dun grupo de persoas involucradas con este deporte, “agora comeza a falarse de balonmán, neste caso da base, que por aí se empeza”. Un deporte que “pouco a pouco vai acadando maior implantación na nosa cidade”, destacou o Concelleiro de Deportes en funcións.

Segundo explicou o Presidente de Acaluba, o Torneo disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, baixo o sistema de liga todos contra todos a unha volta, e nesta edición será na categoría infantil tanto masculina como feminina. David Rodríguez salientou a importancia de xerar e traballar cunha boa base deportiva, que asegurou “é o futuro”, e así poder ter posteriormente deportistas de primeiro nivel.

Nesta ocasión, serán dous grupos de tres equipos, un en cada categoría. Os equipos participantes son o Artabros de A Coruña, o Viveiro e o Acaluga. Os partidos serán de dous tempos de 20 minutos, cun descanso de tres minutos por cada tempo, e un descanso de sete minutos entre cada partido.

A fin de establecer a clasificación final do Torneo, cada partido gañado sumará dous puntos, cada partido empatado sumará un, e cada partido perdido contará con cero puntos. Aqueles partidos que finalicen con empate, tiraranse tres lanzamentos de sete metros por equipo para resolver un posible empate final na clasificación. No caso de empate a puntos, terase en conta o resultado do enfrontamento directo entre os rivais empatados a puntos.

Os partidos serán dirixidos por árbitros da Federación Galega de Balonmán, adscritos á Delegación de Lugo. As súas decisións serán inapelables, e deberán ser acadatadas correctamente por todos os participantes.

Todos os xogadores e xogadoras participantes no Torneo deberán estar en posesión da correspondente licenza federativa.

DIA HORA LOCAL VISITANTE PISTA CATEGORIA
4 16:00 ACALUBA VIVEIRO MUNICIPAL FEM
4 16:50 ACALUBA VIVEIRO MUNICIPAL MASCU
4 17:40 VIVEIRO ÁRTABRO MUNICIPAL FEM
4 18:30 VIVEIRO ÁRTABRO MUNICIPAL MASCU
4 19:20 ACALUBA ÁRTABRO MUNICIPAL FEM
4 20:00 ACALUBA ÁRTABRO MUNICIPAL MASCU
4 21:00 ENTREGA DE TROFEOS  

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova