Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os III Xogos do Cantábrico 2011 celebraranse este sábado en Lugo


# Xoves, 02/06/2011
A competición desenvolverase dende as 16.45 horas nas Pistas Municipais Gregorio Pérez Rivera

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os III Xogos do Cantábrico conta con 144 atletas inscritos procedentes de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, e o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Manuel Teijeiro Valledor, presentaron esta mañá os III Xogos do Cantábrico, que se desenvolverán na cidade o vindeiro sábado día 04 de xuño.

Díaz Grandío destacou que esta é unha proba importante no calendario de atletismo, e salientou que esta será “unha das poucas oportunidades de ver en Lugo a atletas de alto nivel deportivo”.

Segundo explicou o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, a competición contará coa participación das seleccións autonómicas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia. En total serán 144 atletas os que participarán neste III Torneo, 73 delas mulleres. Cada Federación poderá inscribir a dous atletas por proba, e cada atleta poderá participar en dúas probas individuais o unha proba e un relevo.

Entregaranse trofeos ás tres primeiras federacións clasificadas, sumando os puntos obtidos en ambos sexos.

As carreiras serán de dez minutos e os concursos de vinte minutos. O salto de altura, listón na altura máis baixa solicitada e de 10 en 10 cm ata:

-Feminina: 1,44-1,49-1,54-1,59-1,63-1,67-1,70 e de 3 en 3 cm
-Masculina: 1,64-1,69-1,74-1,79-1,83-1,87-1,90 e de 3 en 3 cm



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova