Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurado o Oitavo Goberno municipal infantil, un proxecto que foi recoñecido pola Asociación Internacional de Cidades Educadoras


# Xoves, 02/06/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

25 alumnos de 5º e 6º de Primaria de cinco colexios de Lugo participaron na Corporación infantil

O Alcalde infantil agarda que as propostas dos nenos axuden a mellorar Lugo e louba o traballo de Dolores Vieiro na Concellería de Educación

López Orozco salienta que o Goberno infantil non é un xogo senón unha educación cívica


O Oitavo Goberno municipal infantil quedou clausurado hoxe cunha sesión celebrada na Casa do Concello que presidiu o Alcalde infantil, Brais Vázquez Vázquez, alumno do colexio Menéndez Pelayo, ó que acompañaron os seus Tenentes de Alcalde, Cristina López Amado, do CEIP Illa Verde, e Daniel Rodríguez Estévez, do colexio Galén, e o resto dos 25 membros da Corporación infantil, todos eles alumnos de 5º e 6º de Primaria dos CEIP Albeiros, Quiroga Ballesteros, Menéndez Pelayo, Illa Verde e Galén.

O Alcalde en funcións, José López Orozco, e outros membros da Corporación en funcións, así como o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, seguiron a sesión desde os escanos do público.

Na súa intervención o Alcalde infantil salientou que “coa clausura do Goberno infantil remata tamén o noso traballo que supuxo para nós unha morea de experiencias novas, entre elas a conmemoración do Ano internacional dos Bosques, a participación na Cabalgata de Reis e a convivencia con nenos doutros colexios”.

“Nesta edición, é de destacar o recoñecemento outorgado pola Asociación Internacional de Cidades Educadoras ó proxecto educativo do Concello de Lugo Goberno municipal infantil como experiencia innovadora, no que nós tivemos a sorte de participar”, destacou Brais Vázquez.

Ademais, o Alcalde infantil considerou “de xustiza agradecer o esforzo e o traballo feito durante estas oito edicións á Concelleira de Educación, Loli Vieiro, que deixa a actividade política e tamén a docente para acceder a unha merecida xubilación”.

O Alcalde dos nenos tamén amosou a súa confianza en que “aínda que custen algúns cartos, moi pronto poidamos ver cumpridas a maior parte das propostas feitas polos nenos e nenas de Primaria dos centros participantes para poder seguir facendo unha cidade a gusto das xentes de Lugo e máis atractiva para os que nos visitan”.

“Agardamos, tamén, que as nosas propostas sirvan para mellorar os servizos, a calidade de vida de todos os cidadáns e nos permitan estar cada día máis orgullosos da nosa cidade”, sinalou por último o Alcalde infantil.

Pola súa parte, o Alcalde en funcións agradeceulles ós nenos o seu traballo e as súas aportacións e sinalou que o Concello atenderá as súas peticións como fixo coas propostas dos anteriores Gobernos infantís. Tamén lles indicou que unha cidade “faise coas aportacións dos cidadáns”, tendo en conta as novas necesidades, que van cambiando co paso do tempo, e instou ós pequenos a “ser cada día mellores cidadáns”.

López Orozco tamén lle agradeceu ós nenos participantes neste proxecto educativo o recordo que tiveron para Dolores Vieiro, da que dixo que “foi quen de sacar adiante o Goberno infantil, que non é un xogo senón unha aprendizaxe cívica” e sinalou que a Concelleira de Educación en funcións fixo “un extraordinario labor, sen deixar o seu traballo e contando cun persoal escaso” e destacou especialmente que o Concello de Lugo ten catro escolas infantís.

No acto tamén se entregaron os premios correspondentes o concurso de fotografía “Unha ollada ós nosos bosques”.


CORPORACIÓN VIII GOBERNO MUNICIPAL INFANTIL

CEIP ALBEIROS
- Jenny Méndez Vidal
- Andrés Martínez Díaz
- Alfredo Estévez Álvarez Concelleiro Delegado de Medio Ambiente
- Nicolás Rouco
- Tania Carrete Raposo Concelleira Delegada de Urbanismo


CEIP QUIROGA BALLESTEROS

- Erlinda Rábade Odeña Concelleira Delegada de Tráfico e protección da comunidade
- Marina Prado Ferreiro
- Nerea García Rodríguez
- Juan Gabriel Céspedes Flores Concelleiro Delegado de Cultura e Educación
- Marina Atanes Conde


CEIP MENÉNDEZ PELAYO
- Jessica Vigo Arrojo
- Álvaro Díaz Díaz
- Natalia Torrón Sánchez
- Brais Vázquez Vázquez ALCALDE
- Patricia Andión

CEIP ILLA VERDE
- Marcos Burgo Beiro Concelleiro Delegado de Benestar Social
- Lucía Díaz Iglesias
- Rodrigo Antonio Vidal Pinto Concelleiro Delegado de Desenvolvemento Xuvenil
- Cristina López Amado 1º TENENTE ALCALDE
- Sofía de la Rosa Calderón

GALÉN
- Ana Leboreiro Iriarte Concelleira Delegada de Deportes
- Daniel Rodríguez Estévez 2º TENENTE ALCALDE
- Jesús Rodríguez Pociña Concelleiro Delegado de Zona Rural
- Ismael López Calvo
- Martín Rodríguez Fernández

Coñezca o Goberno Infantil.

 



Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova