Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus MMXI xa ten a súa Moeda Oficial


# Venres, 03/06/2011
Este é o segundo ano que a Asociación La Cohors III Lucensium acuñan unha moeda para a celebración do Arde Lucus

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

En total, serán 10.000 moedas, cada unha cun valor de dous euros, que poderán adquirise nos establecementos identificados có distintivo da moeda

A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, xunto cós membros da Asociación La Cohors III Lucensium, Manuel Fernández e Matías Vilas, deron a coñecer esta mañá a moeda oficial que esta asociación acuña, por segundo ano, para a festividade do Arde Lucus.

Rielo destacou o gran éxito acadado por esta iniciativa o pasado ano, e sinalou que é un reflexo máis do movemento e a expectación que se xenera ao redor do Arde Lucus. A Concelleira de Xuventude en funcións explicou que “aínda que sempre dicimos que o Arde Lucus é dende o 17 ao 19 de xuño, realmente Lucus Augusti xa está ardendo, polo menos, dende principios de xuño”.

O Presidente de La Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, explicou que este ano 2011 La Cohors III Lucensium, unha vez máis, “quere que todos os asistentes á festa do Arde Lucus se sintan máis identificados con esta cidade e dunha forma totalmente lúdica, por uns días, sexamos máis participativos, facendo que público e comerciantes nos metamos máis no papel da festa, exportando unha imaxe positiva e cordial das xentes de Lucus Augusti”. En total, poranse en circulación 10.000 moedas.

Moeda oficial Arde Lucus 2011

A moeda, está realizada en bronce color ouro é un Aureo romano da época de Augusto 13–14 d.c. No anverso figura a cara de Augustu e reza o seguiente: CAESAR AVGVSTVS DIVI F PATER PATRIAE.

No anverso podemos ver a Tiberiocabalgando en cuadriga, celebrando o 15 aniversario do seu poder e un Porco salvaxe (xabalí), distintivo de La Cohors.

A moeda será repartida polos establecementos identificados có distintivo da moeda a primeiros do mes de xuño e estará ao cambio, a partir da primeira semana de xuño. Cada moeda ten o valor de 2 euros. A devolución dos pagos será realizada en euros, e se poderán cambiar as moedas ata fin de existencias.

Unha vez finalizadas as festas, aqueles romanos que queiran volver a obter os euros polo valor das moedas, deberán realizar o cambio nos establecementos có distintivo, dando por pechada a operación do cambio o sábado 28 de xuño de 2011 ás 13.00 horas. O Banco Oficial da moeda do Arde Lucus estará situado na Tenda de Velas, rúa Cruz nº 24.

Para calquera información poderán dirixirse á Asociación a través do correo electrónico infoarrobacohorsIIIlucensium.es ou chamando ao teléfono 629 842614 - 982 240217.

Os salarios na época romana

Para coñecer algúns salarios da época hai que remontarse, por exemplo, ao edicto do Emperador Diocleciano. No apartado VII, "de mercedibus operariorum", que ven a significar: do salario ou xornal dos obreiros operarios, infórmase do diñeiro que percibía cada un de eles.

Das persoas que realizaban os célebres mosaicos, o chamado "pictor imaginarius", cobraba 175 sestercios diarios. Isto da unha paga de 5.250 sestercios ao mes. Quen preparaba o mortero para o mosaico era o "calcis coctor", que recibía 50 sestercios, 1.500 mensuais. Segundo o poeta Marco Valerio Marcial, có emperador Cayo Julio César, un lexionario cobraba 900 sestercios, mentres que na época de Lucio Septimio Severo, o salario subiu ata os 2.000 sestercios. O xornal dun traballador agrícola sería de entre 720 e 2.200 sestercios anuais. Cun As podíase mercar 3,3 litros de viño ou 3.960 gramos de carne. Unha túnica ou uns zapatos valerían 15 sestercios. Por tres sestercios poderíamos ter 6,5 kilos de trigo.

O aluguer en Roma no século I era moi caro. O máis barato costaríanos uns 2.000 sestercios anuais. ¿Cál sería a equivalencia en euros dun famoso sestercio?

Imos intentar buscar unha equivalencia, e de este xeito facernos unha idea moito máis aproximada entre a vida na época romana e a nosa. O aureus era a moneda de ouro utilizada na época. Equivalía a 8 gramos. A cotización actual a data de 01/06/2011 do ouro é de 1062 euros a onza de ouro. Unha onza de ouro equivale a 31,10 gramos, a 1062 euros, cotización da mesma data. Por unha célebre regla de tres, si 31,10 gramos (onza de ouro), equivale a 1062 euros, 8 gramos (aureus), equivalería a 273.1 euros. Sabemos que 1 aureus equivalía a 25 denarios. Entón un denario serían 10.92 euros. Un denario equivalía a 10 ases. Por esta regla de tres, 1 as equivalería a 1.09 euros. O célebre sestercio equivalía a 2 ases e medio, polo que o seu prezo actual sería de 1,60 euros. Así, teríamos:

1 Áureo = 273,1 € 1 Denario = 10,92 € 1 Sestercio = 2,73 € 1 As = 1,09 €  

Arde Lucus na rede:

www.ardelucus.com

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435

Pode consultar o horario e a localización de todos os eventos e actividades descargando o programa completo en PDF (archivo PDF 2.9 MB).


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova