Imprimir

XADREZ NA RÚA


7/6/2011 Actividade de ocio educativo, protagonizada polo xadrez e a lectura

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum, Confecciones Yute e o diario El Progreso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.

A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior entre o día 6 e 10 e do 13 ó 17 de xuño desde as 16:30 ata as 20:00 horas. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Estas actividades que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.

Scarcorum e baúl Viaxeiros:

Este domingo é o último domingo que se celebra Scacorum e Baúl Viaxeiro ata despois do San Froilán. Cada vez máis lucenses anímanse a participar nesta actividade, onde tivo unha participación media de 45 persoas.
Esta actividade chama moito a atención aos turistas que adoitan pararse para fotografarse diante do taboleiro.

www.xaquedrum.es

https://www.facebook.com/pages/Xaquedrum/194937533874133