Cargando....
Concello de Lugo
07/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes alemáns de intercambio co IES Virxe dos Ollos Grandes visitaron hoxe o Concello


# Martes, 07/06/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a un grupo de 21 estudantes e dous profesores, procedentes da cidade alemana de Leipzing.

As rapazas e rapaces alemáns, de 15 e 16 anos e que cursan 9ºgrao (3º/4º ESO), chegaron a Lugo o pasado venres día 03 de xuño, e permanecerán na cidade ata este venres día 10 de xuño. Durante a súa estancia en Lugo, viaxaron por distintos puntos do norte e sur da provincia, visitaron o Centro de Interpretación da Muralla, a Catedral, a Muralla Romana…

No mes de setembro será cando os 21 alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes de Lugo viaxen ata Alemaña para vivir a experiencia do intercambio cos estudantes do Evangelisches Schulzentrum.

Os estudantes lle entregaron ao Alcalde en funcións uns bombóns típicos da súa terra, unha guía turística de Leipzing e a bandeira da cidade. Pola súa banda, López Orozco, lles entregou un exemplar para o instituto do libro da Muralla Romana en inglés.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova