Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá abre o prazo de inscrición para as piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras


# Martes, 07/06/2011


A Concellería de Deportes do Concello de Lugo informa que a partir de mañá, mércores 08 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para as piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras.

Piscina Municipal de Frigsa

A actividade, dirixida para os nados entre os anos 2001 e 2005, dará comezo no mes de setembro de 2011 en horario de 16.30 a 21.00 horas.

O prazo de solicitude será dende mañá 08 de xuño ata o 14 de xuño. O prazo de matrícula será do 21 ao 28 de xuño. A solicitude e matrícula deberán realizarse nas instalacións de Frigsa. O prezo é de 40 euros.

Piscina Municipal de As Pedreiras

A actividade, dirixida para os nados entre os anos 2001 e 2005, dará comezo no mes de setembro de 2011 en horario de 18.00 a 20.30 horas.

O prazo de solicitude será dende mañá 08 de xuño ata o 14 de xuño nas instalacións de As Pedreiras. O prazo de matrícula será do 21 ao 28 de xuño e deberá formalizarse nas instalacións de Frigsa. O prezo é de 40 euros.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova