Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A partir deste venres poderán adquirise as entradas para "A venganza das Amazonas" e o "Circo Romano"


# Mércores, 08/06/2011
A partir das 9.00 horas as entradas poderán adquirise a través de www.servinova.com ou no 902.504.500 a un prezo único de 2 euros

O Concello de Lugo, dende a Concelleira de Xuventude que dirixe Rosana Rielo, informa que a partir das 9.00 horas deste venres, día 10 de xuño, poderán adquirise as entradas para os espectáculos “A venganza das Amazonas” e o “Circo Romano” do programa do Arde Lucus MMXI.

As entradas poderán adquirirse a través da páxina web www.servinova.com ou telefonicamente no 902.504.500. As entradas teñen un prezo único de 2 euros.

“A venganza das Amazonas” será o venres día 17 a partir das 00.00 horas na explanada do Pavillón Municipal, e o sábado 18 a partir das 22.30 horas.

O “Circo Romano” será o sábado 18, tamén na explanada do Pavillón Municipal, a partir das 19.30 horas, e o domingo día 19 a partir das 18.30 horas.


Arde Lucus nas redes sociais:

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova