Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Tribunal Superior volve darlle a razón ó Concello nunha sentenza que confirma o acordo municipal de adaptación da Policía Local á Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia


# Mércores, 08/06/2011
O Concelleiro de Protección da Comunidade en funcións tamén deu conta de que os buses urbanos tiveron case 137.000 usuarios máis no que vai de ano

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Protección da Comunidade en funcións, José Rábade, informou hoxe de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar unha nova sentenza na que lle dá a razón ó Concello e confirma o acordo plenario no que se aprobou a proposta de adaptación do Corpo da Policía Local de Lugo á Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia en materias de reclasificación de prazas, modificación de complementos, integración de auxiliares da Policía no Corpo da Policía Local, supresión de diversas prazas, creación de prazas da subescala facultativa e creación da axencia de mobilidade con catro prazas de axente de mobilidade.

A sentenza é firme e nela o Alto Tribunal galego desestima un recurso que interpuxera a Xunta de Persoal contra o acordo tomado polo pleno do Concello o 23 de decembro de 2008.

“Volvemos ter unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avala a reestruturación da Policía e acumula un recurso interposto contra a aprobación da relación de postos de traballo da Policía”, informou José Rábade.

“Nos vén dar a razón en todos os ámbitos, no acordo da reestruturación e na relación de postos de traballo, que aprobou a Xunta de Goberno no seu momento, en temas como a modificación de complementos específicos, a creación das prazas da escala facultativa, que estes días estiveron no candeleiro, e a creación dos axentes de mobilidade”

Tamén deu conta Rábade de noticias relacionadas co transporte público, outra das áreas das que é responsable en funcións.

“Xa está plenamente operativo o sistema SAE para mellorar o servizo de autobuses urbanos e ata acabar o mes de maio aumentou o número de viaxeiros do transporte urbano en 136.947 persoas”, sinalou o Concelleiro de Transportes en funcións quen concluíu que “a aposta que fixemos coa creación do transporte ó novo Hospital, só co esforzo do Concello e dos cidadáns, se está no bo camiño”.

José Rábade deu conta destes asuntos hoxe na súa comparecencia trala derradeira Xunta de Goberno Local deste mandato que se reuniu para aprobar a acta da sesión anterior.

Na súa comparecencia, Rábade aproveitou para agradecerlle a confianza depositada nel polo Alcalde e polo PSOE. Tamén tivo palabras de gratitude para os cidadáns de Lugo e para os medios de comunicación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova