Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O campamento urbano polideportivo Lumiera Cup II desenvolverase na cidade do 04 ao 29 de xullo


# Xoves, 09/06/2011
A terceira edición destes campamentos deportivos de verán desenvolveranse no Polideportivo de Maxisterio da USC mensualmente ou por semanas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Rosana Rielo lembrou que a partir de mañá poderán adquirise as entradas para O Circo Romano e o espectáculo A vinganza das Amazonas

A páxina do Arde Lucus en Facebook xa xonta con 2.200 fans dende o seu lanzamento, hai tan só 3 semanas


A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, e o secretario da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, presentaron esta mañá a terceira edición dos campamentos de verán Lumieira Cup II.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes e o Parque Infantil de Tráfico, colabora nesta terceira edición dos campamentos urbáns polideportivos, que se desenvolverán do 04 ao 29 de xullo na cidade.

Rosana Rielo destacou o gran éxito acadado por esta actividade nas anteriores edicións, e salientou que “é unha alternativa moi interesante para a época de verán, xa que ofrece a oportunidade aos máis pequenos de achegarse a moitas modalidades deportivas que non son as máis habituais”.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e desenvolverase de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas, no Polideportivo da E.U. de Maxisterio da USC. Segundo destacou o coordinador do campamento e presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, hai posibilidade de optar aos campamentos tanto mensualmente como por semanas:

1ª semana - do 04 ao 08 de xullo
2ª semana - do 11 ao 15 de xullo
3ª semana - do 18 ao 22 de xullo
4ª semana - do 26 ao 29 de xullo

A Lumiera Cup II contará con servizo de autobús e opción a comedor. Tamén poderá participarse na actividade as Noites Divertidas que se desenvolverán unha noite por quincena. Segundo sinalou Lorenzo, os grupos no serán de máis de 45 rapaces, “xa que optamos pola calidade máis que pola cantidade”. A parte das actividades deportivas programadas, como loita, rugby, karate, piragüismo, bowling, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, balonmán, atletismo, golf, piscina, hípica….

Os rapaces e rapazas tamén terán actividades lúdicas como excursións. O coordinador do campamento salientou que “esta é unha estupenda forma de conciliar a vida laboral e familiar na época de verán, xa que ofrece a oportunidade aos país de deixar aos rapaces nunha actividade na que se divirten e tamén aprenden”.

O prazo de inscrición para a primeira semana do campamento remata o día 29 de xuño, e así sucesivamente; cada mércores antes do comezo semanal da actividade, rematará o prazo de solicitude. As inscricións poden facerse a través das páxinas web: http://lumieiracup11.blogspot.com ou http://lumieiralugo.blogspot.com

Arde Lucus MMXI

A Concelleira de Xuventude en funcións, Rosana Rielo, recordou que a partir das 09.00 horas de mañá, venres día 10 de xuño, poderán adquirise as entradas para os espectáculos “A venganza das Amazonas” e o “Circo Romano” do programa do Arde Lucus MMXI.

As entradas poderán adquirirse a través da páxina web www.servinova.com ou telefónicamente no 902.504.500. As entradas teñen un prezo único de 2 euros.

“A venganza das Amazonas” será o venres día 17 a partir das 00.00 horas na explanada do Pavillón Municipal, e o sábado 18 a partir das 22.30 horas. O “Circo Romano” será o sábado 18, tamén na explanada do Pavillón Municipal, a partir das 19.30 horas, e o domingo día 19 a partir das 18.30 horas.

Rielo destacou que a páxina do Arde Lucus en facebook
http://www.facebook.com/ardelucuslugo xa xonta con 2.200 fans dende o seu lanzamento, hai tan só 3 semanas, converténdose nunha referencia na rede social. A páxina ten 179.000 visitas e as publicacións recibiron 1.528 "Me gusta" e 1.244 comentarios. A Concelleira de Xuventude en funcións salientou que por exemplo, a reportaxe publicada hai menos de 24 horas sobre o Arde Lucus 2010, xa foi visitado 1.250 veces. Ademais, destacou que a pasada semana, lanzouse un concurso para que os usuarios promocionaran a festa entre todos os seus contactos, e xa participaron 850 persoas. O concurso finaliza este domingo e entre todos os participantes sortearanse 5 entradas dobres para cada un dos espectáculos para asistir a dúas das actividades máis esperadas do programa: O Circo Romano e A Venganza das Amazonas.

A páxina en Tuenti:
http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435
xa conta con 1.100 seguidores.

A conta en Twitter: http://twitter.com/#!/ardelucus
Xa ten case 300 followers e o hastag #ardelucus chegou a ser, en varios momentos, trending topic en Galicia.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova