Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Orozco e Besteiro reciben ós xuristas máis prestixiosos de España que participan nas V Xornadas Xurídicas de Sarria


# Xoves, 09/06/2011
Nove especialistas, 4 deles maxistrados do Tribunal Supremo, daranse cita a partir de mañá no foro que tratará do Dereito de Familia e a nulidade, divorcio e separación matrimonial

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O encontro, que contará coa presenza de 250 asistentes, será inaugurado polo Presidente do Tribunal Constitucional e clausurado polo Presidente da Deputación

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañados do Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, os tres dirixentes en funcións, recibiron este xoves no Salón de Plenos do Concello da capital ós participantes das V Xornadas Xurídicas que, por quinto ano consecutivo, organiza o municipio sarriano, en colaboración co Foro Xurídico Diego Pazos, e que reunirán na vila a partir de mañá a unhas 250 persoas, entre conferenciantes e público asistente. Os expertos, ademais de coñecer a Casa Consistorial luguesa, fixeron un percorrido pola cidade e pola Muralla.

López Orozco deulles a benvida á nosa cidade ós participantes no encontro e faloulles dos atractivos turísticos de Lugo, entre os que salientou a próxima celebración da festa do Arde Lucus e o Corpus. Tamén explicou que se están a facer traballos para poñer en valor os restos arqueolóxicos da cidade, para restaurar a Catedral e para mellorar o Centro histórico. Ademais indicoulles ós xuristas a importancia que ten para Lugo a Universidade e faloulles de problemas como o envellecemento da nosa poboación.

O organismo provincial prestou dende o comezo un decidido apoio a este encontro, colaborando no desenvolvemento do mesmo. Deste xeito, Gómez Besteiro, quen será o encargado de clausurar o encontro o sábado, amosou a súa satisfacción por estar presente unha vez máis nesta iniciativa ó tempo que agradeceu o traballo realizado por Claudio Garrido, quen logrou facer deste encontro unha actividade plenamente consolidada a nivel nacional. “Él ha sido el alma máter de las Jornadas. Gracias a su trabajo ha conseguido convertir al municipio en el epicentro del mundo jurídico de Galicia e incluso de España. Iniciativas como esta son las que hacen que seamos una gran provincia”.

A comitiva formárona 23 autoridades do mundo xurídico: Alicia Sánchez, maxistrado do Rexistro Civil de Bilbao; Francisco Navarrete, membro da editorial “Reino de Cordelia”; Joaquín Sánchez-Covisa, fiscal de Sala-Coordinador de Extranxeiría do Tribunal Supremo; Carlos Lema, catedrático da Universidade Complutense; María Paz Sánchez, notaria; José Luis Ruiz Martínez; membro do Servizo de Formación Continua do Consello do Poder Xudicial; José María Paz, fiscal xefe de Sala do Tribunal Supremo; Francisco Javier Menéndez, Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra; Joaquín Giménez, maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo; Julio César Picatos, maxistrado; Rafael Gimeno-Bayón, maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo; Domingo Bello, catedrático de Dereito Civil na Universidade da Coruña; Pascual Sala, presidente do Tribunal Constitucional; Ignacio Sierra Gil, maxistrado emérito da Sala Primeira do Tribunal Supremo; Albert Ferré, xerente editorial de Bosch; Fernando Ledesma, conselleiro permanente do Consello de Estado; Juan Antonio Xiol, presidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo; Clemente Auger, maxistrado emérito da Sala Primeira do Tribunal Supremo; Virgilio Zapatero, catedrático de Filosofía do Dereito; Antonio Vercher, fiscal de Medio Ambiente e Urbanismo; Carlos Lema, catedrático de Dereito Mercantil; José Antonio García Caridad, presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación; e Carmen Veira, membro da Sala Contencioso de Santiago de Compostela.

Programa das xornadas

Nesta ocasión, o foro xirará, fundamentalmente, entorno ó dereito da familia e á nulidade, separación e divorcio matrimonial. En total, nove xuristas, catro deles maxistrados do Tribunal Supremo, intervirán nas Xornadas, que abrirá o venres o Presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala, quen xa acudiu ás castro edicións anteriores como relator ou invitado. Nesa mesma xornada, dará unha conferencia sobre a xurisprudencia relacionada co divorcio a maxistrada do Tribunal Supremo (TS) Encarnación Roca Tris, e haberá una táboa redonda con tres poñentes: Joaquín Jiménez García, maxistrado do TS, que falará de “A Violencia de xénero e o divorcio”; Julio César Picatoste Bobillo, maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, que abordará a garda e custodia dos fillos menores de idade; o maxistrado Rafael Gimeno-Bayón Cobos, que tratará o divorcio no matrimonio homosexual e a ruptura nas parellas de feito; e Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña, que dará unha conferencia sobre a pensión compensatoria.

O segundo e último día das xornadas, o 11 de xuño, celebraranse dúas conferencias: unha sobre “Problemas do dereito de familia no ámbito nacional e internacional dende o punto de vista da fiscalía”, a cargo do fiscal xefe de sala do TS, José María Paz Rubio, e outra sobre “Aspectos procesais do procedemento da liquidación da sociedade de gananciais: artigos 810 e 811 da Lei de Enxuizamento Civil”, que ofrecerá Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra. Da clausura ocuparanse Román García Varela e o Presidente da Deputación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova