Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo celébrase a última proba do Circuíto Larsa Corre con Nós


# Venres, 10/06/2011


Un total de 1634 atletas están inscritos para a derradeira proba do Circuíto Larsa Corre con Nós organizado pola Concellería de Deportes de Lugo en colaboración con Leite Larsa, Seguros Divina Pastora, Centro Comercial As Termas e Coca Cola.

O vindeiro domingo 12 de xuño terá lugar a derradeira proba do circuíto que discurrirá por un trazado de 5500 mt que pasa polo interior do Parque da Milagrosa ( Frigsa ) e pola Avda Duquesa de Lugo nun circuíto totalmente chan o que darán dúas voltas e media.

Con esta carreira se dará por finalizado o circuíto e unha vez rematado o derradeiro participante se procederá á entrega dos trofeos do circuíto ós/ás tres primeiros e primeiras clasificado/as das categorías comprendidas entre a "E" e a "N" que fan un total de 10, tamén serán entregados os trofeos os/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos da xeral máis ós tres primeiros equipos clasificados que a falta de esta proba son 1º Lugo Monumental,  2º Verxel,  3º Monte Segade.

Ata o de agora e si non se produce ningunha incidencia o gañador absoluto por segundo ano consecutivo será Nicolás Arrojo e en primeira posición feminina figura a gañadora do ano pasado Noemi Moral á espera desta carreira.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova